Calvete (Monte Xalo) sentencia a categoría master 30 da Copa Galicia de ciclocrós a falta de tres carreiras





Modalidades: 

O terceiro ciclocrós Concello de Pontevedra abriu a particular triloxía que terá a localidade do Lérez con esta disciplina ciclista tendo en conta que o escenario de Campañó tamén se disputará o Campionato de Galicia o próximo 30 de decembro e a “Illa das Esculturas” albergará entre o 11 e o 13 de xaneiro o Campionato de España.

O circuíto do hipódromo ten as súas peculiaridades e o trazado da proba pontevedresa presentará modificacións no próximo autonómico. Coa Copa Galicia entrando na recta final (tras Pontevedra só quedan tres citas valedoiras para a mesma), os líderes tentaron defender os puntos e os aspirantes recortar distancias. Iso deixouse sentir nas probas desde o primeiro instante, cando o portugués Antonio Sousa ( Bifase) sumaba unha nova vitoria pero defendéndose de Marcial Rodríguez nun apurado sprint en liña de chegada.

Alejandro Trasbach (Racing) devolveu a moeda a Manuel Armada ( AGC) tras a cita de Boiro dous días antes. Alex cedeu o peso da carreira ao do equipo santiagués ata que a falta de dúas voltas tras pasar por meta, o de Boiro “abriu gas” para distanciarse do pontevedrés e entrar como vencedor. Moises Leboso (10 GD) tivo que conformarse con seguir o duelo dos primeiros desde a súa terceira praza.

Polo que respecta á categoría master 30, Andrés Calvete (Monte Xalo) sentenciou co seu triunfo a Copa Galicia na súa categoría. A falta de tres carreiras, Calvete só cedeu dúas primeiras prazas en Dumbria e en Boiro polo que suma puntos suficientes para ser o primeiro gañador “matemático” da Copa.

Natalia Raña e Silvia Costoya, ambas as do Corbelo impuxéronse na categoría master na que non tomou parte a líder de master 30 Montserrat Martínez ( Saertex). A regularidade de Monica Alarcón (Arcadecycles) permítelle seguir defendendo a camisola de líder da Copa. En Campañó concluíu terceira.

Laura Capa (Marin) e Zaira Vila (Coruxo) levan toda a campaña perpetuándose nas dúas primeiras prazas da categoría cadete. En Campañó, a local Capa non deu opción á viguesa e venceu con máis de dous minutos de vantaxe. Yraia Groba (Salvaterra) completou unha boa carreira obtendo a terceira posición.

Intenso foi o enfrontamento vivido entre os mozos cadetes, un grupo axitado coa presenza do madrileño Ruán Sánchez (Sanse) que se impoñía aínda que con escasa marxe sobre Miguel Rodríguez (Ponteareas) e Fabián Rodríguez (Caimanes). En junior feminino houbo unha nova alternancia no dúo cabecero: nesta ocasión a vitoria foi para Noela Saa fronte á súa compañeira de formación en Maceda, Andrea García. A portuguesa Rafaela Ramalho (Maiatos) completou o podio. Entre os mozos, novo triunfo do cada vez máis líder, Jorge Fernández (Ponteareas) ante un gran Raúl Fernández (Redondela) e Xoel Montes (Avanza).

Lucia Vázquez (Prorebordosa) exerceu como ciclista “case” local e subiu todo o máis alto do podio elite. A de Vilaboa foi a vencedora absoluta fronte a Mª José Gómez (Cambre) e a portuguesa Marta Araujo ( Maiatos) que foi terceira absoluta en liña de meta e primeira sub 23.

Nos homes, nova demostración de forza de Iván Feijoo (Maceda) que en apenas tres voltas puxo contra as cordas aos seus principais rivais, Samuel González (Guerciotti) e Adrián Barros (Ponteareas) que acabaron en meta a case un minuto do alaricense. Adrián Valverde, cuarto absoluto, impúxose en categoría elite. O bicampión de Galicia esta tempada en btt, Saul López (Maceda) foi segundo nesta categoría e o profesional Jacobo Ucha ( Maia) terceiro.

A concelleira de deportes de Pontevedra Anxos Rivero presidiu o acto de entrega de premios coa súa compañeira de corporación, Pilart Comesaña. A próxima cita da Copa de Galicia celebrarase o vindeiro domingo 16 coa disputa do II ciclocrós organizado polo conxunto do Caimanes de Betanzos.

FOTO: Líderes tralo CX Pontevedra ©Foto: MANUEL TOUCEDA

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

ELITE

Adrián Valverde

Rías Baixas

Saúl López

Maceda

Jacobo Ucha

Maia

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

SUB23

 

Iván Feijoo

Maceda

Samuel González

Guerciotti

Adrián Barros

Ponteareas

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

ELITE F

Lucía Vázquez

Prorebordosa

Mª José Gómez

Cambre

Mª Jesús Barros

Spol

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

SUB23

F

Marta Araujo

Maiatos

Zaida González

O Rosal

Marta Vila

Xtrembike

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

JR

Jorge Fernández

Ponteareas

Raúl Rodríguez

Redondela

Xoel Montes

Avanza

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

JR F

Noela Saa

Maceda

Andrea García

Maceda

Rafaela Ramalho

Maiatos

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

CD

Rubén Sánchez

Sanse

Miguel Rodríguez

Ponteareas

Fabián Rodríguez

Caimanes

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

CD F

Laura Capa

Marín

Zaira Vila

Coruxo

Yraia Groba

Salvaterra

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

M3

Andrés Calvete

Monte Xalo

Alejandro Mesias

Quintena

Oscar Vázquez

OVC Bikes

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

M4 F

Natalia Raña

Corbelo

Sonia Costoya

Corbelo

Monica Alarcón

Arcadecycles

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

M4

Alejandro Trasbach

Racing

Manuel Armada

AGC

Moises Leboso

10 GD

 

 

CAT

CICLISTA

CLUB

O ROSAL

M5

Antonio Sousa

Bifase

Marcial Rodríguez

Quebici

José Mª Magariños

Condado