Cambados, Maceda e Betanzos: O triángulo para as categorías inferiores durante a ponte





Modalidades: 

Con tres probas en catro días, os corredores das categorías inferiores non se baixarán da bicicleta durante a vindeira ponte. 

O sábado en Cambados o GP Albariño dará un paso máis hacia as súas vodas de ouro. O C.C. Cambados organiza a 49ª edición desta clásica do calendario de estrada para ciclistas das escolas, cadetes e juniors, sendo nesta última categoría puntuable para o seu ranking da Copa Galicia. A competición no céntrico circuíto da capital do Salnés porase en marcha ás 17:00 horas.

O domingo chega a gran festa do Mini BTT autonómico co XIII do C.C. Maceda - Copa Deputación de Ourense. As carreiras comezarán ás 11:00 horas, pero o clube anfitrión ten preparado un amplo programa de actividades con acampada, piscina, actuacións musicais...

Para a xornada festiva do martes queda o II Trofeo Festas de San Roque , a proba de estrada que o C.C. Betanzos organiza na súa vila para escolas, cadetes e masters. As 10:00 é a hora fixada para o arranque da competición no parque do Pasatempo.