Cambio de data do Ciclocrós de Verín





Tema: 

O Ciclocrós de Verín, previsto para o domingo 24 de novembro e organizado polo club Bicicletas Chinquena Racing Team, celebrarase finalmente o sábado 21 de decembro, data inicialmente programada para o Ciclocrós de Baños de Molgas, que posteriormente foi cancelado.

Ao día seguinte, o domingo 22, disputarase a cita de Maceda. Deste xeito, a provincia de Ourense concentrará na mesma fin de semana as dúas últimas xornadas da Copa Galicia de Ciclocrós.

 

Foto: Yaiza Fernández 

Documentos: