Campaña de tramitación de licenzas 2019





Tema: 

A RFEC xa activou a zona privada para a tramitación das licenzas da temporada 2019 co fin de xestionar con antelación as licenzas dos federados para que a día 1 de xaneiro estean en posesión da licenza  coa cobertura dos seguros en vigor. A Federacion Galega de Ciclismo remitiu onte aos clubes toda a documentación necesaria para informar os seus federados.

O sistema de tramitación das licenzas realizarase da mesma forma que na temporada pasada:

- A primeira licenza que se tramitará é a licenza do club, achegando o novo contrato da LOPD, xa que sufriu modificacións con respecto ao do ano anterior, pola entrada en vigor do novo regulamento europeo. Sen este documento cumprimentado e asinado non se validará a licenza do club. Unha vez que esta estea validada, poderán xestionar as licenzas dos ciclistas.

- Se van dar de alta algún equipo na RFEC (opcional), debese facer antes de tramitar as licenzas dos ciclistas 

- Se o pago das licenzas realízase mediante transferencia bancaria, os clubes deben indicar o nome da entidade como ordenante e no concepto incluir o ID que lle xerou o programa informático.