Campañó repite como sede da Copa Galicia de Ciclocross





Modalidades: 

O hipódromo de Campañó será por segundo ano consecutivo escenario do Trofeo Concello de Pontevedra de Ciclocrósdécima cita puntuable da Copa Galicia da especialidade.

Será o vindeiro venres 8 de decembro cando se reúnan na instalación pontevedresa máis de 250 ciclistas nunha proba organizada de novo polo Club Deportivo Pinarium.

"Melloramos algúns aspectos técnicos e poremos unha zona de obstáculos para obligar á xente a desmontar da bicicleta", sinalou en relación á proba Pablo  Beis, representante do club organizador.

Será pois un "circuíto bonito para o espectador" aínda que "para o ciclista bastante duro", completou na presentación do trofeo o seleccionador autonómico, Guillermo Sande, xunto á concelleira de Deportes, Anxos Riveiro.

A actividade en Campañó arrincará ás 9:30 horas da mañá cunha carreira de promoción,para continuar ás 10:00 con categorías master-40, master-50/60 e cadetes, ás 11:00 coas proba elite-sub23, master e junior feminina e master-30 masculina, e ás 12:00 coa elite-sub23 e junior masculina.

Fonte: Pontevedra Viva