Canal brilla sen premio no Campionato do Mundo de ciclocrós





Modalidades: 

Unha saída de cadea privou a Carlos Canal da loita polo título no Campionato do Mundo de ciclocrós disputado na localidade danesa de  Bogense. O ciclista galego realizou unha gran saída que lle permitiu formar no grupo de cabeza co seu compañeiro de selección Gonzalo  Inguanzo. No que estaba sinalado como un día histórico para o  limiano e para todo o ciclismo español, quedou truncado cunha a fatídica avaría cando  circulaba na terceira praza e que lastrou a Canal con máis dun minuto de diferenza sobre os homes de diante. O galego quedaba obrigándo a facer a gran remontada da xornada.

O circuíto danés, máis rápido que técnico e sen apenas barro, propiciou unha proba rapidísima cos belgas Meeussen e  Cortjens facendo selección e o campión británico Tulett como único candidato a romper o dominio dos belgas e defender o título que lograse en 2018.

Por detrás, Canal amosaba todo o poderío que acumulaba nas pernas e consumaba aos poucos unha remontada chea de garra e afouteza  mentras superaba rivais desde o posto 24º  e rodando con tempos parellos aos homes de cabeza. Estaba claro que de non mediar a avaría a súa loita pola vitoria era máis que probable.

En canto á loita polos metáis, a carreira rompeuse na terceira volta cando o inglés Tulett foise en solitario cara ao triunfo sorprendendo a  Meussen e  Cortjens que foron incapaces de reaccionar.

A última volta foi histórica para Carlos Canal marcando o seu mellor tempo. Pletórico de forza culminaba a súa remontada ante o asombro local alcanzando ao grupo que pelexaba pola cuarta praza. O seu esforzo, con todo pasoulle factura no sprint da recta de meta na que concluíu cunha sétima posición que a pesar de todo sabe a medalla. A súa diferenza final con respecto ao Campión foi de 48 segundos, bastante menos do tempo perdido na avaría que lle custou a pelexa polo título.

Canal indicou ao finalizar a proba que foi: “foi unha carreira moi rápida pero ao principio cando rodaba terceiro tiven unha saída de cadea que me fixo perder un minuto. A partir de aí tocou remontar e ao final non se se sexto ou sétimo, había pernas así que moi contento”.

Esta foi a clasificación final:

Tempos por volta de Canal con respecto ao podio.

 

1ª Volta

2ª Volta

3ª Volta

4ª Volta

5º Volta

6ª Volta

7ª Volta

Final

Ouro

6.05 (1º)

6.01 (4ª)

5.51 (1ª)

5.56 (1º)

6.01 (1º)

6.03 (1º)

6.18 (16º)

42.29

Prata

6.06 (6º)

5.58 (2º)

6.05 (5º)

6.05 (5º)

6.11 (10º)

6.13 (10º)

6.03 (4º)

+ 20 sgs

Bronce

6.06 (7º)

5.58 (1º)

6.07 (8º)

6.07 (8º)

6.09 (6º)

6.13 (9º)

6.10 (6º)

+ 27 sgs

Canal

 

6.31 (36º)

 

+ 0.26 (24º)

6.06 (10º)

 

+ 0.34 (21º)

 

6.13 (18º)

 

+ 0.53 (20º)

 

6.00 (2)

 

+ 0.57 (17º)

 

6.06 (3º)

 

+ 1.02 (9º)

 

6.09 (6º)

 

+ 1.08 (8º)

 

5.58 (1º)

 

+ 0.48 (7º)

 

+ 48 sgs

 

2019 UCI Cyclocross World Championships Results Junior hombres

Posto

Nome (País)

Tempo

1

TULETT Ben (Gran Bretaña)

42:29:00

2

MEEUSSEN Witse (Bélgica)

42:49:00

3

CORTJENS Ryan (Bélgica)

42:56:00

4

NYS Thibau (Bélgica)

43:11:00

5

RONHAAR Pim (Holanda)

43:15:00

6

LINDNER Tom (Alemania)

43:16:00

7

CANAL BLANCO Carlos (Galicia)

43:17:00

8

BELMANS Lennert (Bélgica)

43:21:00

9

TOUPALIK Jakub (Chequia)

43:25:00

10

THOMAS Theo (Francia)

43:31:00

11

LEONE Samuele (Italia)

43:35:00

12

GUDNITZ Joshua Amos (Dinamarca)

43:37:00

13

BERGAGNA Tommaso (Italia)

43:42:00

14

ZATLOUKAL Jan (Chequia)

43:46:00

15

LILLO Dario (Suiza)

43:49:00

16

INGUANZO MACHO Gonzalo (España)

43:59:00

17

HUYBS Ward Bélgica)

43:59:00

18

MORTON Alex (USA)

44:03:00

19

GYAGANG Kedup (Suiza)

44:26:00

20

SOMMER Lars (Suiza)

44:28:00

 

©Foto: Ridley