Canal logra o primeiro podio galego nunha Copa do Mundo de ciclocross.





Modalidades: 

O galego Carlos Canal luciu o recente título de Campión de España de ciclocrós cun terceiro posto na penúltima proba da Copa do Mundo disputada na localidade francesa de Pont  Chateau.

Canal estreábase esta tempada en Copa do Mundo polo que o podio logrado confirma o excelente estado de forma do  limiano apenas a dúas semanas de competir no mundial de Dinamarca.O terceiro posto do ciclista do Maceda é a primeira vez que un  junior español logra subir ao caixón nunha proba mundialista e facíao tras manter unha dura competencia cos representantes belgas  Thibaut  Nys (fillo do lendario Sven  Nys) e  Witse  Meeussen. A carreira decidiuse no esprint de meta despois da selección realizada por Canal ao impoñer un alto ritmo cunha última volta espectacular na que lidero a carreira durante moitos momentos.

Por el contrario, a sorte non acompañou a Iván Feijoo que sufría unha caída aos 300 metros da saída. O alaricano perdeu máis dun minuto no primeiro xiro o que non impediu que realizase unha gran remontada completando voltas ao mesmo ritmo do grupo de cabeza o que, de non mediar a avaría, permitiríalle estar entre os dez primeiros.

Tampouco a cita francesa foi propicia para a marinense Irene  Trabazo que a pesar das súas  boas sensacións sufriu unha avaría moi lonxe do box que a deixou practicamente fóra de carreira.

O último test previo ao Mundial terá lugar no Gran  Prix Van  der  Poel que terá lugar o día 27 en  Hoogerheide (Paises Baixos).

Despedida en Portugal

Boa parte do pelotón galego aproveitou a proximidade xeográfica para achegarse a disputar na localidade  poruguesa de  Melgaço a última proba da  Taça de Portugal de ciclocrós. Destacou a vitoria da Campioa de Galicia elite, a pontevedresa  Lucia Vázquez que se despide do seu periplo portugués no  Prorebordosa tras concretar a súa fichaxe co  Quintena. María Jesús Barros (Spol) foi quinta.

O vigués Javier González Simón obtivo cun quinto posto o mellor resultado dos galegos en categoría elite na que tamén competiu o  salvaterreño Mauro González  Fontán, entre outros.

Tamén se subiu todo o máis alto do podio Jorge Fernández (Ponteareas) en categoría  junior e o seu compañeiro de equipo Miguel Rodríguez, entre os cadetes.  Zaira Vila (Coruxo) foi segunda en cadete feminino tras a local Mariana  Libano ( Maiatos) nun podio que completou  Yraya Groba (Salvaterra de Miño) coa terceira praza.

Entre os ciclistas  master Manuel Armada (Cidade de Santiago) e Constantino Muñoz (Pan de  Zarco) ocuparon a primeira e segunda posición en  master 40 e Marcial Rodríguez (Quebici) foi segundo en  master 50.