Canal rozou un novo podio internacional en Albstadt





Carlos Canal (Academia Postal-Maceda) continúa relacionándose cos mellores especialistas do mundo na categoría júnior. Quinto no ranking mundial despois das dúas vitorias que leva este curso nas UCI Junior Series, o biker limiao volveu demostrar que se atopa nun sensacional estado de forma na localidade alemá de Albstadt, onde arrincou a Copa do Mundo de Cross Country Olímpico (XCO).

Nun espectacular circuíto, o de Xinzo terminou cuarto cun tempo de 58:55, a só 12 segundos do podio que marcou o belga Lukas Malezsewski, que terminou terceiro, e a 34 do británico Charlie Aldridge, gañador con 58:21. O canadense Carter Woods foi segundo.

O resultado aínda puido ser mellor para Canal, debido a que cando ía na cabeza sufriu unha avaría que lle obrigou a realizar traballo extra.

"A proba foi moi rápida, nun circuíto moi seco, polo que desde o principio o obxectivo era situarse coa cabeza de carreira. Por desgraza, na segunda volta, cando rodaba primeiro, saiuseme a cadea e tocou remar para volver enganchar co grupo dianteiro. Na última volta pagueino, tendo que conformarme coa cuarta praza. Estou moi contento por como transcorreu esta competición e xa toca pensar na carreira da próxima semana en Nove Mesto".

 

Fonte: La Región