Carla Fernández ascende á terceira posición júnior da Copa de España





Modalidades: 

A falta de dúas probas para o final da Copa de España Féminas Cofidis 2019, a viguesa Carla Fernández ocupa a terceira praza na clasificación xeral júnior. A ciclista do Río Miera - Meruela ascendeu unha posición no ránking gracias ao sétimo posto asinado o pasado sábado na  XVIII Balmasedako Emakumeen Saria.

Despois de 64 quilómetros de percorrido pola provincia de Biscaia, Fernández cruzou a liña de meta a 1:48 da gañadora Amaia Lartitegi e doutras catro corredoras. Na xeral houbo cambio no maís alto e Idoia Eraso (Nafarroa) situouse como líder con 183 puntos. Segunda é Inés Cantera (Moreaga) , con 174 puntos, e na terceira posición aparece a galega do Río Miera con 165. 

En canto á carreira Elite e Sub23, disputada sobre 91,9 quilómetros, a viguesa Paula Sanmartín (Eneicue) rematou 17ª, sendo a quinta mellor sub23, a 3:07 da vencedora Natalie Grinczer (Bizkaia Durango). Con este resultado a ciclista olívica sobe once postos no ránking e colócase 34ª, undécima entre as sub23. 

A Copa de España entra agora nunha paréntese e regresará o 20 de xullo en Navarra coa súa penúltima cita, o II Trofeo Femenino Ayuntamiento de Estella

 

Máis información 

 

Foto: Jordi Burdoy