Carla Fernández, sétima júnior na penúltima cita da Copa de España





Modalidades: 

A viguesa Carla Fernández loitará na despedida da Copa de España Féminas Cofidis 2019 por meterse no podio final . A corredora júnior do Río Miera - Meruelo ocupa a cuarta posición na clasificicación xeral do certame estatal despois de rematar sétima o pasado sábado no II Trofeo Femenino Ayuntamiento de Estella. 

A representante do conxunto cántabro chegou a esta cita nas estradas de Navarra situada na terceira praza. Naia Amondarain (Murias-Limousin) impúxose en solitario nos 73,4 quilómetros de percorrido e a 54 segundos da gañadora cruzou a liña de meta Fernández xunto a outras catro ciclistas. 

Con este resultado, a galega cae un posto na táboa, pero mantén intactas as súas opcións de terminar entre as tres primeiras. Acumula 198 puntos, seis menos que Julia Sánchez (CAF Turnkey) e Inés Cantera (Moreaga), segunda e tercera respectivamente. Idoia Eraso (Nafarroa) lidera con 228. 

A Copa de España feminina resolverase o 20 de xullo no VI Gran Premio Muniadona, que se celebrará no Valle de Mena (Burgos).

 

Máis información