Celebrada a Asamblea Xeral Ordinaria da FGC con importantes novidades técnicas





A Federación Galega de Ciclismo celebrou onte sábado a súa Asemblea Xeral. A sesión de seis horas de duración, comezou ca presentación da nova Xunta Directiva e a benvida os novos asambleístas para seguir cos puntos do orde do día: aprobación da acta da última reunión ordinaria, á aprobación das contas do exercicio 2018, a xestión do Presidente do ano 2018 e o orzamento para o 2019. Todos os puntos aprobados por maioría de votos. A continuación, procedeuse o punto das Obrigacións Financeiras aprobadas sen cambios con respecto ao ano pasado e o Calendario Deportivo 2019, aprobado por unanimidade. O último punto, a Normativa Técnica foi o máis extenso e debatido da tarde, dando lugar a destacadas novidades para a tempada 2019. Avanzamos un breve resumo:

- O peche das inscricións dos xoves ás 22.00 horas, pasa aos mércores ás 23.59 horas (a excepción do BTT- Enduro que se mantén os domingos ás 23.59 horas)

- As categorías cadetes e xuvenís masculino e femenino non pagarán inscrición en ningunha modalidade ciclista: ruta, BTT (incluidos o XCM, DHi e Enduro) e CX

- Creación do Rexistro de Escolas de Ciclismo

- Gymkanas para as categorías promesas e principiantes con marcaxe de adhesivo nas bicicletas e clasificacións, para facer despois unha carreira cunha volta para os/as promesas e dúas voltas para os/as principiantes. Cada árbitro supervisará a un/a só/a participante para axilizar a gymkana.

- Inclusión da categoría E-bikes para a disciplina de BTT-Enduro

- Creación da Liga Galega de Mini BTT-XC dividida en zona norte e zona sur con catro probas conxuntas repartidas unha por cada provincia elexidas seguindo o criterio de máis antigüedade: Cambre (A Coruña), Medela (Lugo), Maceda (Ourense) e Marín (Pontevedra)