Celebrada a Asemblea Xeral da FGC con novidades nas Normativas Técnicas 2018





Onte sábado, 10 de febreiro, a Federación Galega de Ciclismo celebrou a súa Asamblea Xeral Ordinaria. A sesión arrincou coa aprobación do acta da reunión anterior. En segundo lugar, deuse paso á exposición das contas anuais do exercicio 2017 coa súa aprobación por maioría de votos. O terceiro punto do orde día, o máis extenso da sesión, o estudo das Normativas Técnicas, nas cales quedaron aprobadas as seguintes novidades:

-  En Ciclismo Escolar, os nenos/ as con licenzas promesas, principantes, alevíns e infantís só poderán participar nunha proba por día, sen límite de participación e podendo asistir en días consecutivos.

- Autorización do uso dos freos de disco quedando permitidos para todas as categorías nas probas de estrada de carácter autonómico.

- Para as probas puntuables da Copa Galicia de estrada da categoría máster o prezo máximo de inscrición será de 10 euros. Para o resto de probas non puntuables o prezo de inscrición será libre.

- Para as probas puntuables da Copa Galicia de estrada da categoría máster será obrigatorio a entrega de avituallamento líquido e sólido

- Pago de premios en metálico para o Campionato de Galicia BTT- Enduro

- Incorporación do Trofeo Federación de BTT- XCO

- Eliminación do pago obrigatorio de premios en metálico para as probas puntuables da Copa Galicia BTT- DHI

- Creación da disciplina autonómica de BTT - XCMM, probas Cross Country Media Maratón de distancia reducida, entre 40 e 60 km

A continuación, tratouse a inclusión do Ciclismo para Todos na Normativa Técnica de Galicia quedando aprobado por maioría de votos. A sesión finalizou cos rogos e preguntas dos asistentes.