A choiva apropiouse da Xaxanbike 2018 en Marin





Disputouse no monte de Xaxán de Marín unha nova xornada do calendario de competición de btt XCO, a Xaxanbike 2018 que organiza o club ciclista Marín.

A actividade ciclista iniciouse cunha matinal dedicada ao mini btt e xa pola tarde e sobre o mesmo escenario a quenda para os maiores na que foi penúltima proba da Copa Galicia. Longo e esixente circuíto o preparado polo Marín que se foi complicando a medida que se sucedían as voltas.

En Master 50 gañou Manuel Castro (Barbanza), en Master 40 Alex Trasbach (Racing) en Master 30 Manuel Parada (RsBikes).

Nas categorías de base o triunfo cadete foi para Marco Nube (Maceda), en cadete feminino Laura Capa (Farto). Os gañadores junio foron Roi López Compostelano) e Andrea Álvarez (Maceda).

Lara Lois (Extol) gañou en élite feminina, Irene Trabazo (Marín) en sub 23.

Por último, o sub23 Samuel González (Salvaterra) foi o primeiro absoluto e Alberto Pedreira (Bici Verde) o gañador élite.

A última cita da Copa terá lugar coa celebración do Trofeo Concello de Maceda o próximo 16 de xuño.

Foto ©Yaiza FP