Cita co Mini BTT este domingo no Parque Municipal do Carballiño





Modalidades: 

Ao redor de 250 rapaces e rapazas, de entre 5 e 14 anos, participarán o domingo no I Mini BTT Concello do Carballiño, evento que se desenvolverá no Parque Municipal desta vila ourensá.

A proba está organizada polo Club Ciclista Carballiño e conta coa colaboración do concello carballiñés, a Deputación Provincial, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Ciclismo.

Esta cita, para a que xa están inscritos uns 200 ciclistas, poñerase en marcha ás 11:00 horas do domingo nas inmediacións do quiosco da música do parque carballiñés. Alí estará situada tanto a liña de saída como a meta da proba, que contará con cinco categorías de idade, tanto masculinas como femininas, con diferentes distancias. Subiranse ao podio os cinco primeiros por categoría e regalarase a cada participante un trofeo consistente nun prato de polbo co escudo do club ciclista local gravado.

Fonte: La Región