Convenio co Centro Lug2





A Federación Galega de Ciclismo vén de pechar un convenio de colaboración con sport-Lug2, o programa destinado a federacións deportivas e clubes deportivos legalmente constituídos para que poidan facer a un baixo custo xornadas, encontros, avaliacións, programacións... etc etc na cidade de Lugo

O Centro Lug2 abre as súas portas ao deporte para servir de apoio ás concentracións deportivas para a mocidade galega e de fóra de Galicia.

Sport-Lug2 é un programa que se pode complementar con actividades de lecer e tempo libre realizadas polo equipo técnico especializado do Centro.

 A presente oferta de aloxamento comeza o día 1 de novembro de 2016 e finaliza o día 31 de decembro de 2017

Adxuntamos pdf con toda a información

Documentos: