Novas

Vídeo: Resumo do Campionato de España de Ciclocrós 2020





Fai click nesta ligazón para ver o resumo emitido en Teledeporte do Campionato de España de Ciclocrós 2020 celebrado en Pontevedra.

Tema: 

Condolencias pola morte de Agustín Ares Pérez





A Federación Galega de Ciclismo expresa o seu máis sentido pésame polo falecemento de Agustín Ares Pérez, socio fundador do Club Ciclista Betanzos, membro da súa primeira directiva e pai do director deportivo Tino Ares. A FGC envía as súas condolencias e unha cariñosa aperta para os seus familiares, amigos e a todos os membros do club betanceiro. 

D.E.P.

Tema: 

Calendarios de Estrada e BTT para o 2020





A Federación Galega de Ciclismo xa conta con calendarios definitivos de Estrada e BTT para a temporada 2020 despois de ser aprobados por unanimidade o pasado 7 de decembro na Asemblea Xeral Ordinaria.

A partir de agora, as modificacións ou as probas que se queiran engadir terán que recibir luz verde por parte da Comisión Delegada da FGC. 

Adxuntamos ambos documentos para a súa consulta.

Tema: 

Subvencións a entidades deportivas convocadas pola Secretaría Xeral para o Deporte





Infórmase de que o pasado venres, 10 de xaneiro, publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas para o desenvolvemento de actividades.

O prazo de solicitude remata o 10 de febreiro

Tema: 

Pésame polo falecemento do pai de Jorge García





A Federación Galega de Ciclismo quere transmitirlle as súas máis profundas condolencias ao xuíz árbitro Jorge García tras o falecemento do seu pai. 

D.E.P.

Tema: