Novas

Entrada libre á Gala do Ciclismo Galego: imprescindible confirmar asistencia antes do 25 de febreiro





O Teatro Principal de Pontevedra acollerá o vindeiro 29 de febreiro a Gala do Ciclismo Galego organizada pola Federación Galega de Ciclismo en colaboración coa Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde do Concello de Pontevedra. A entrada a este evento é libre, pero é imprescindible confirmar asistencia antes do martes 25 de febreiro. Este trámite pódese facer poñéndose en contacto co teléfono 629 830 057 ou escribindo un correo electrónico a protocolo@fgalegaciclismo.es

Tema: 

Calendarios de Estrada e BTT para o 2020





A Federación Galega de Ciclismo xa conta con calendarios definitivos de Estrada e BTT para a temporada 2020 despois de ser aprobados por unanimidade o pasado 7 de decembro na Asemblea Xeral Ordinaria.

A partir de agora, as modificacións ou as probas que se queiran engadir terán que recibir luz verde por parte da Comisión Delegada da FGC. 

Adxuntamos ambos documentos para a súa consulta.


Convocatoria de subvencións a clubs da Deputación de Ourense para o 2020





A Deputación de Ourense convoca o concurso para concesión de subvencións a club deportivos da provincia para o ano 2020. O prazo de presentación das solicitudes finaliza o vindeiro 27 de febreiro. 

Tema: 

Subvencións a deportistas de elite e promesas DepoDAN e DepoPROMESA





Esta convocatoria da Deputación de Pontevedra ten por obxecto establecer as condicións, requisitos e procedementos para a obtención da categoría de deportista de alto nivel (DEPO_DAN) ou deportista promesa (DEPO_PROMESA) da provincia de Pontevedra.

REQUISITOS

Tema: 

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá o vindeiro sábado 29 de febreiro a Gala do Ciclismo Galego





O Teatro Principal de Pontevedra converterase o vindeiro 29 de febreiro en escenario da Gala do Ciclismo Galego organizada pola Federación Galega de Ciclismo en colaboración coa Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde, que dirixe o socialista Tino Fernández. O evento, que dará comezo ás 19.30 horas e que estará conducido polo coñecido presentador Terio Carrera, ten a finalidade de recoñecer e galardoar aos ciclistas da nosa comunidade autónoma que protagonizaron os fitos deportivos máis destacados ao longo de 2019.

Tema: