Novas

Convenio con Ergodinámica





A Federación Galega de Ciclismo (FGC) acaba de asinar un convenio con Ergodinámica para que os federados que presenten a licenza en curso gocen dun desconto do 20% nos centros da Coruña e Vigo sobre os servizos de:

• Estudo biomecánico da pisada e do ciclismo.

• Persoais personalizados

• Tratamentos de fisioterapia

• Probas de esforzo.

• Readaptación e preparación física


A FGC deséxalle unha pronta recuperación a Javi González Simón





O director deportivo do Club Ciclista Teis e corredor elite Javier González Simón evoluciona favorablemente dun grave accidente laboral. Dende a Federación Galega de Ciclismo queremos desexarlle unha pronta recuperación e transmitirlle todos os nosos ánimos. 

Seguro que dentro de pouco xa te vemos nas carreiras. ¡Forza Javi!

 

Foto: Espe Simón 

Tema: 

Irene Trabazo, 24ª no Mundial de Dübendorf





O ciclocrós galego contou con representación nas dúas xornadas do Mundial celebrado durante esta fin de semana no circuíto suízo de Dübendorf. Este domingo Irene Trabazo obtivo a 24ª posición na carreira sub-23. A marinense foi a segunda mellor clasificada do cuarteto que presentou a selección española. 


Feijoo fai historia para o ciclismo galego cun sexto posto no Mundial de Ciclocrós de Dübendorf





O alaricano Iván Feijoo asinou este sábado unha nova páxina no libro de ouro da historia do ciclismo galego. O dobre campión de España Sub-23 de ciclocrós acadou a sexta posición no Mundial que está disputando na localidade suíza de Dübendorf. É o seu segundo Top-10 nun Campionato do Mundo desta disciplina despois da oitava praza lograda no 2016 cando era júnior. 


Curso en liña de educación antidopaxe ALPHA





A Unión Ciclista Internacional (UCI) vén de poñer en marcha o curso en liña de educación antidopaxe ALPHA. A súa realización NON É OBRIGATORIA, pero si que resulta ALTAMENTE RECOMENDABLE. 

O novo artigo 18.5 do Regulamento Antidopaxe da UCI, incluído o 1 de xaneiro de 2020, estipula que as Federacións Internacionais deben facer todo o posible para garantir que os usuarios a quen lles outorgaran unha licenza completen con éxito o Curso de Educación Antidopaxe dentro dos catro meses posteriores á recepción da licenza.

Tema: