Novas

Tres galegos subiron ao podio na apertura do Open de España de Enduro





O Open de España máis madrugador deste 2020 púxose en marcha este domingo. A localidade abulense de La Adrada acolleu a primeira cita puntuable para o certame estatal de Enduro. A máster-30 Fany Cabarcos (Rocasport Giant) e os juniors Ismael Romero (Pontebike) e Manuel Loureiro (Coruxo), segundo e terceiro respectivamente, colleitaron tres podios para a delegación galega, que ademais asinou outros oito postos de Top-10. 


A oficina da FGC permanecerá pechada este martes





Por mor da festividade de Martes de Entroido, a oficina da Federación Galega de Ciclismo non abrirá as súas portas este martes día 25. 

Tema: 

Cumpríronse os prognósticos no arranque da Transgalaica en Cotobade





Carballedo (Cerdedo-Cotobade) acolleu nunha calorosa mañá a saída da primeira proba da Transgalaica2020. Con 450 rexistrados, foron 301 os que conseguiron completar o percorrido no tempo marcado pola organización. A pesar do duro inverno que levamos o circuíto atopábase en óptimas condicións.


Calendarios de Estrada e BTT para o 2020





A Federación Galega de Ciclismo xa conta con calendarios definitivos de Estrada e BTT para a temporada 2020 despois de ser aprobados por unanimidade o pasado 7 de decembro na Asemblea Xeral Ordinaria.

A partir de agora, as modificacións ou as probas que se queiran engadir terán que recibir luz verde por parte da Comisión Delegada da FGC. 

Adxuntamos ambos documentos para a súa consulta.


O VigoBikeContest adíase para o 18 de outubro





O Enduro do VigoBikeContest non se celebrará o 1 de marzo. O organizador Singletrack Outdoor Sports, C. comunica que "nos vemos obrigados a pasar a proba para o 18 de outubro do 2020. Diversos motivos leváronnos a tomar a decisión de pospoñer a data do evento para poder facelo nas condicións que nós desexamos. Desculpade as molestias e vémonos en outubro!".

Tema: