Convenio da Federación Galega de Ciclismo con Telefurgo





Continuando co seu afán de colaborar e apoiar o deporte, en todas as súas diferentes modalidades e facetas, tanto individuais como colectivas, Telefurgo desenvolve unha tarifa especial, con condicións moi vantaxosas, da que se poderá beneficiar a Federación Galega de Ciclismo, así como todos os clubs agrupados na mesma, e extensible a cada un dos socios/membros de cada un deles.
Telefurgo coñece perfectamente as necesidades que habitualmente xorden cando se está organizando un evento deportivo, e precísase de apoio loxístico para os desprazamentos, ben sexa dos propios materiais como do equipamento específico para o seu desenvolvemento e/ou dos integrantes que precisen dunha furgoneta, carrozado ou vehículo de pasaxeiros para cubrir as diferentes necesidades de desprazamento e asistencia ao evento. Por todo, Telefurgo considera que as tarifas que se presentan a continuación serán de total agrado e interese.


TARIFA SOLIDARIA:

Para os eventos/actos sociais e solidarios, organizados directamente pola Federación Galega de Ciclismo ou algún dos seus clubs integrantes, ponse á disposición dos mesmos  "Tarifa Solidaria" coa que poderán escoller entre a frota de Telefurgo o vehículo que máis se adapte ás súas necesidades, cun custo de aluguer de 0 euros, quedando suxeito a dispoñibilidade de frota e número de solicitudes recibidas coincidentes para a mesma data.


 TARIFA "2 RODAS":

Para todos aqueles membros, de calquera dos clubs pertencentes á Federación Galega de Ciclismo, póñense á súa disposición, para o aluguer de maneira particular, de calquera dos vehículos da frota, a tarifa creada especificamente denominada "2 Rodas" coa que poderán gozar duns descontos progresivos/ascendentes que partirán dun 30% sobre tarifa.


Independentemente das tarifas/condiciones indicadas, desde Telefurgo convidan a que se lles comuniquen todas as peticións e suxestións que estimen oportunas, para que desde os seus diferentes departamentos pódanse estudar cada caso de maneira individual, co fin de poder satisfacer as necesidades, dentro das súas posibilidades, en todo o que lles soliciten.


Telefurgo quere agradecer a cada unha das persoas/colectivos que xa confían nos seus servizos, o permitirlles formar parte das súas diferentes necesidades de desprazamento e carga, e chegar así a converterse na Primeira Empresa Española de aluguer de furgonetas.

Máis información en: www.telefurgo.com 

Vigo: 986 93 18 40

A Coruña: 981 96 64 09