Convenio da FGC con Aviva Outdoor Sports Center





Os clubes e ciclistas con licenza da Federación Galega de Ciclismo gozarán dun 15% de desconto nas instalacións de Aviva Outdoor Sports Center. Esta é unha das vantaxes para os federados tras a sinatura dun convenio de colaboración entre a FGC e este centro de deporte ao aire libre situado na Reserva da Biosfera Transfronteiriza do Gerês-Xurés.

Aviva Outdoor Sports Center ofrece os seus servizos para que deportistas, clubes, federacións e profesionais deportivos poidan practicar as súas diferentes modalidades deportivas ao pé da montaña. Ademais é un punto oficial de acollida do programa BTT Galicia. Para máis información visita a súa páxina web.

Grazas a convenios privados suscritos entre a FGC e diferentes empresas privadas, os clubes e deportistas federados poden optar a unha serie de beneficios. Recorda que tamén tes a túa disposición coma federado, os descontos que se ofrecen por parte da Real Federación Española de Ciclismo a través do Clube VIP Ciclista.