Convenio entre a Federación Galega de Ciclismo e a Deputación de Lugo





O presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e o deputado provincial de Deportes da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, mantiveron este venres unha xuntanza na que se selou un convenio entre os dous organismos aos que representan. Este acordo recolle a realización anual en territorio lucense dunha etapa da Volta Ciclista Galicia cun importe de 12.000 euros. 

Na reunión tamén se abordou a promoción do ciclismo nesta provincia. A Deputación comprometeuse a continuar coa súa gran aposta por este deporte, para o cal vai incrementar as axudas aos clubes e aos deportistas, ademais de mellorar outros aspectos como as instalacións e a organización de probas.