Convocado o equipo de Galicia que competirá nos Campionatos de España junior





O seleccionador galego de ciclismo convocou a un total de 12 ciclistas para tomar parte no Campionato de España en categoría junior que terá lugar en Soria entre o 7 e o 9 do mes de setembro. Guillermo Sande contará con oito corredores e catro corredoras para disputar tanto a proba de contrareloj como a de fondo.

A convocatoria masculina compóñena Jorge Suárez Fernández ( Cidade de Lugo); Brais Gómez Cima e Adrián Giraldez (Ponteareas); Martín Soutullo Trigo (Carballo a un paso); Daniel Sanín Sánchez e Manuel Sampedro García (Cambre); Uxio Sanmartín Domínguez (Cortizo Anova) e Roi Domínguez García (Fundación Óscar Pereiro).

En categoría feminina, Galicia estará representada por Carla Fernández Torres (Meruelo), María Correa Rubio (Farto), Ana Belén Domínguez Estévez (Marín) e Antía Crende ( Cidade de Lugo).

Os Campionatos de España junior 2018 celebraranse conxuntamente coas categorías de master. A competición iniciarase o venres 7 coa disputa da contrareloj a partir das tres da tarde e sobre un percorrido de 18,7 quilómetros. A xornada do sábado dedicarase en exclusiva aos master o que permitirá aos junior recoñecer o trazado antes de afrontalo o domingo 9. As mulleres sairán ás 08:30 para completar 77,1 quilómetros mentres os mozos farán 123,7 quilómetros nunha proba que sairá ás 10:45 horas.

Junior Masculino

Junior Femenino

Ciclista

Equipo

Ciclista

Equipo

Jorge Suárez

Cidade de Lugo

Carla Fernández

Meruelo

Brais Gómez

Ponteareas

María Correa

Farto

Adrián Giraldez

Ponteareas

Ana Belén Domínguez

Marín

Martín Soutullo

Carballo

Antía Crende

Cidade de Lugo

Daniel Sanín

Cambre

 

 

Manuel Sampedro

Cambre

 

 

Uxio Sanmartín

Cortizo

 

 

Roi Domínguez

Fundación