Convocatoria da Selección de Galicia para o Campionato de España Júnior





A Selección de Galicia acudirá con once corredores, tres mulleres e oito homes, ao Campionato de España Júnior de estrada 2019 que se celebrará o 18 e 19 de agosto nos municipios asturianos de Candamo, Pravia e Grado. As probas contra o reloxo disputaranse o domingo e as de ruta o luns.

Os ciclistas convocados polo seleccionador Guillermo Sande son:

-Mulleres

Carla Fernández Torres (Río Miera Meruelo)

Sara Erea García Lousa (Cambre Renault Caeiro)

Ana Belén Domínguez Estévez (Cambre Renault Caeiro)

 

-Homes

Miguel Ángel Mera Gallego (MMR)

Raúl Casalderrey Esperón (Farto)

Manuel Rodríguez Alonso (Ponteareas)

Brais Gómez Cima (Ponteareas)

Manuel Sampedro García (Cambre Renault Caeiro)

Daniel Sanín Sánchez (Cambre Renault Caeiro)

Gianni Iannelli Álvarez (Redondela Il Picolo)

Pablo Lueiro Fernández (Padronés)