Convocatoria da selección sub 23 galega para os Campionatos de España Castelló18

×

Mensaxe de erro

Error There is no ACTIVE Load Balancer named 'varnishes-ElasticL-6G4RNU4MXHX9'




A Federación Galega de Ciclismo deu a coñecer o grupo de ciclistas que compoñerán o equipo autonómico nos próximos Campionatos de España.

O seleccionador galego Guillermo Sande convocou a tres ciclistas do Froiz: Aaron Mariño, Diego González e Guillermo García. O campión galego de CRI tratará de revalidar o título nacional logrado a pasada tempada na modalidade contrareloj.

Na nómina de convocados tamén se atopan os dous galegos do Aldro: Raúl González e o recente gañador da Volta a Castelló, Cristian Mota. Alejandro Regueiro ( Polartec), Martin Fariña, do Cambre e Martín Bouzas, do Lizarte quen formará con Guillermo García na crono.

O Campionato de España arrincará o venres 22 de xuño cunha contrarreloxo individual con saída e meta en Vall d'Alba. Pola mañá disputarase a proba de sub-23 cun percorrido de 20 km. O sábado 23 será a proba en liña con saída en Oropesa do Mar e chegada en Culla onde se habilitará un circuíto de montaña no que os sub-23 realizarán tres voltas, sumando un total de 160 km.

Toda a información relativa ao Campionato de España de Estrada podedes seguila en redes sociais a través do hashtag # CECastellón18.

CONVOCADOS:

Aaron Mariño Domínguez (Froiz)          Raúl González Correa (Aldro)

Cristian Mota Pérez (Aldro)                    Guillermo García Janeiro (Froiz) *

Alejandro Regueiro Pérez (Polartec)    Martín Bouzas Rey (Lizarte) *

Diego González Barreiro (Froiz)            Martín Fariña Caamaño (Cambre)

Jesús Rodríguez Pociña (Froiz)              * Corren la CRI