Convocatoria de subvencións deportivas da Deputación da Coruña





Tema: 

A Deputación Provincial da Coruña fixo publica a convocatoria de dous programas de subvencións á entidades deportivas. Por unha banda as referidas á realización de actividades de fomento da actividade física. A Deputación ten disposto para estas axudas un orzamento total de 300.000 con aportacións que irán entre un mínimo de 1.000€ e un máximo de 30.000€

O segundo programa de axudas é o referido ao desenvolvemento de grandes eventos deportivos. Este programa conta cun orzamento de 395.000€ con axudas que oscilarán entre un mínimo de 6.000€ e un máximo de 70.000€. 

O prazo da presentación das solicitudes rematará o 21 de xuño. En ambos casos poden consultar as bases reguladoras desta convocatoria nas seguintes ligazóns:

Axudas ao fomento do deporte: http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/05/29/2018_0000003677.pdf

Axudas para enventos deportivos: http://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2018/05/29/2018_0000003676.pdf