Novas

Proposta para os calendarios FGC 2020





Tras a reunión extraordinaria desta mañá da Comisión Delegada da Federación Galega de Ciclismo (FGC) a través de medios telemáticos para analizar a situación actual do ciclismo galego e estatal ante a evolución do Covid-19, facilitamos a proposta dos calendarios coas peticións recibidas por parte dos clubes organizadores.

Tema: 

A FGC suspende toda a súa actividade ata o mes de xuño





Tras as reunións mantidas durante esta semana a Xunta Directiva da Federación Galega de Ciclismo (FGC) decide suspender toda a actividade deportiva ata o mes de xuño.

No ámbito das actividades de escolas do programa Xogade (categorías de base e cadetes) están todas suspendidas ata que a Xunta de Galicia informe do contrario. 

Tema: 

Loito pola pandemia do Covid-19





A Federación Galega de Ciclismo quere transmitir o seu máis sentido pésame aos familiares e amigos das vítimas rexistradas por causa da pandemia do Covid-19. 

Descansen en Paz

Tema: 

Primeiro curso online en castelán da TrainingPeaks University





A Real Federación Española de Ciclismo e TrainingPeaks poñen en marcha este luns 30 de marzo o primeiro curso online en español da University TrainingPeaks, mediante o cal todos os participantes poderán descubrir en detalle a funcionalidade do software de adestramento que é referencia na actualidade dentro do mundo dos deportes de resistencia e gozar de acceso gratuíto a todas as funcionalidades do mesmo durante tres meses.

Tema: 

Suspensión do Campionato de España en Idade Escolar 2020





Como consecuencia da situación e evolución do coronavirus (covid-19) e a adopción do real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo covid-19, o Consello Superior de Deportes (CSD) RESOLVE A SUSPENSIÓN DE TODAS As COMPETICIÓNS DO CALENDARIO DE CAMPIONATOS DE ESPAÑA EN IDADE ESCOLAR (CESA) 2020 QUE AÍNDA NON SE CELEBRARON.

Tema: