Novas

Curso en liña de educación antidopaxe ALPHA





A Unión Ciclista Internacional (UCI) vén de poñer en marcha o curso en liña de educación antidopaxe ALPHA. A súa realización NON É OBRIGATORIA, pero si que resulta ALTAMENTE RECOMENDABLE. 

O novo artigo 18.5 do Regulamento Antidopaxe da UCI, incluído o 1 de xaneiro de 2020, estipula que as Federacións Internacionais deben facer todo o posible para garantir que os usuarios a quen lles outorgaran unha licenza completen con éxito o Curso de Educación Antidopaxe dentro dos catro meses posteriores á recepción da licenza.

Tema: 

Trabazo, Feijoo e Canal entran na convocatoria de España para o Mundial de Ciclocrós





Tres ciclistas sub-23 galegos aparecen na convocatoria de 21 corredores confeccionada polo seleccionador español Pascual Momparler para o Campionato do Mundo de Ciclocrós 2020 que se celebrará esta vindeira fin de semana na localidade suíza de Dübendorf. Iván Feijoo (Nesta-Skoda Alecar) e Carlos Canal (Burgos-BH) competirá o sábado 1 de febreiro ás 11:00 horas, mentres que a quenda de Irene Trabazo (XSM) chegará ao día seguinte, o domingo, ás 13:00 horas. 


Feijoo repite top-10 na última cita da Copa do Mundo





Por segunda fin de semana consecutiva, Iván Feijoo rematou este domingo décimo nunha proba da Copa do Mundo de ciclocrós. Nesta ocasión o sub-23 alaricano do Nesta-Skoda Alecar estivo entre os mellores no circuíto neerlandés de Hoogerheide. Os puntos acadados nesta cita outorgáronlle a vixésima posición no ranking final do certame mundial. 


Sedes e datas dos Campionatos de Galicia 2020





Reunida este xoves a Xunta Directiva da Federación Galega de Ciclismo en cumprimento cos seus estatutos no artigo 17.6.f),  acordou entre outros asuntos a concesión dos Campionatos de Galicia 2020 nas distintas modalidades.

Nas próximas semanas publicaranse as sedes para o Campionato de Galicia Estrada CRI e o Campionato de Galicia BTT-Eliminator. Quedando soamente aberta a recepción de solicitudes para o Campionato de Galicia BTT-Descenso

Estas son as datas e sedes concedidas:


Calendarios de Estrada e BTT para o 2020





A Federación Galega de Ciclismo xa conta con calendarios definitivos de Estrada e BTT para a temporada 2020 despois de ser aprobados por unanimidade o pasado 7 de decembro na Asemblea Xeral Ordinaria.

A partir de agora, as modificacións ou as probas que se queiran engadir terán que recibir luz verde por parte da Comisión Delegada da FGC. 

Adxuntamos ambos documentos para a súa consulta.