Novas

Póker de vitorias galegas na Copa de España de Alcobendas





Os especialistas galegos de ciclocrós seguen indo a máis na Copa de España e na cuarta xornada puntuable asinaron en Alcobendas a actuación con máis éxitos do curso. Catro vitorias e outros dous postos de podio dúas semanas antes de que o certame estatal desembarque en Pontevedra.


Ana Santos e Daniel López conquistan o Rosal na Copa Galicia de Ciclocrós





Unha das citas clásicas do calendario autonómico volveu facer este sábado as delicias dos especialistas en ciclocrós. Na súa XXII edición o Trofeo Comunidade de Montes de Eiras achegouse aos 400 participantes. Sobre a area do Rosal, o elite Daniel López Parada (Burgos BH) e a júnior Ana Santos conquistaron os triunfos de máis prestixio na sexta xornada da Copa Galicia.


Bicifestación no Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico





A Golpe de Pedal colabora este domingo con Stop Accidentes Galicia na marcha en bicicleta por Vigo co gallo do Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico. 

A saída darase ás 11:00 horas na Praza do Rei e ás 11:30 está prevista a chegada ao Balcón da Rúa de Aragón, onde se realizará unha ofrenda floral e gardarase un minuto de silencio. 

Tema: 

Convenio actualizado con Caldaria





A Federación Galega de Ciclismo e os balnearios de Caldaria (Lobios e Arnoia) actualizaron o seu convenio de colaboración  coa xuntanza mantida entre Javier Soto, director xerente de Caldaria, e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo. 

Adxuntamos a oferta que ofrece este destino de interés para a comunidade ciclista. 

 

 


Presentación do XXII Trofeo Comunidade de Montes das Eiras





O 14 de novembro ás 20:00 prentouse no Salón de Plenos do Concello do Rosal o XXII Trofeo Comunidade de Montes das Eiras de Ciclocross organizado polo Club Ciclista O Rosal e que se celebrará o vindeiro sábado 16 de novembro a partires das 14:00.

No trofeo competirán as categorías de Promoción, Cadete, Junior, Master, Sub 23 e Elite. En todas elas dispútase categoría feminina e masculina.

Trátase ademais dun Trofeo transfronteirizo, xa que asistirán participantes de toda Galicia e Portugal ata sumar un total de 357 participantes.

Tema: