Novas

A VII Andaina Contra a Violencia de Xénero percorrerá Santiago de Compostela o domingo 24





Co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero, o domingo 24 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela a VII Andaina Contra a Violencia de Xénero: Camiño ao Respecto.

Esta marcha arrancará ás 11:00h dende o Monte do Gozo e a chegada está estimada ás 12:30h á Praza do Obradoiro, onde se dará lectura a un manifesto contra a Violencia de Xénero.

A Federación Galega de Ciclismo anima aos clubs, ciclistas, xuíces-árbitros/as e directivos/as, a que se unan a esta iniciativa.

Tema: 

A pista de ciclismo de Betanzos levará o nome de Jose García Varela 'Ventosa'





Este sábado, 16 de Novembro, o Concello de Betanzos organizará na pista de ciclismo que rodea o campo de futbol do García Hermanos un acto no que á devandita pista váiselle dar o nome de Jose Garcia Varela 'Ventosa', autentico alma máter do ciclismo en Betanzos.

Tema: 

Reunión Técnica de BTT-XCM





Dentro das xornadas técnicas programadas para a valoración da temporada 2019 e programación de cara o 2020, a Federación Galega de Ciclismo convoca a todos os clubes interesados a unha reunión de BTT-XCM que terá lugar o sábado 23 de novembro ás 13:00 horas no Hotel Congreso (Teo).

Ese mesmo día, e tamén no Hotel Congreso, celebraranse as reunións de Estrada (todas as categorías) ás 10:00 horas e Mini BTT ás 17:00.


Inscricións para as probas do circuíto galego de Duatlón Cros





Este martes remata o prazo para anotarse no Duatlón Cros Concello de Lousame, primeira proba do circuíto galego de Duatlón Cros. (fai click nesta ligazón para acceder á paxina de inscricións).

Os federados en ciclismo poden participar e inscribirse con licenza de 1 día a prezo reducido grazas ao convenio que manteñen as dúas federacións.

 

Tema: 

Tres primeiros postos e un segundo para os galegos na Copa de España de Karrantza





A tres semanas de que a Copa de España chegue a Galicia, os representantes autonómicos acadaron tres triunfos na terceira xornada puntuable do certame estatal. Iván Feijoo (Nesta) e Irene Trabazo remataron primeiros entre os sub-23 e Isabel Castro (Condado Bike) impúxose na carreira máster-40/50. Miguel Rodríguez (Ponteareas), segundo nos juniors, asinou o outro gran resultado da 'armada galega' no XXVII Ciclocross de Karrantza.