Novas

Aberto o prazo para solicitar o certificado de DGAN (Deportista Galego de Alto Nivel)





Xa está aberto o último procedemento deste ano para solicitar o recoñecemento da condición de DGAN (Deportista Galego de Alto Nivel):

Requisitos

a) Ter veciñanza administrativa en Galicia no momento da solicitude de recoñecemento e durante o goce dos beneficios derivados da mesma.

b) Ter máis de 16 anos na data na que se adopte a resolución de recoñecemento.

Tema: 

Axudas a Deportistas Vigueses e Viguesas de Base de Modalidades Deportivas Individuais





O Concello de Vigo pon en marcha a convocatoria de “Axudas a Deportistas Vigueses e Viguesas de Base de Modalidades Deportivas Individuais”. 

Estas axudas van destinadas ao fomento da práctica deportiva e teñen coma  finalidade a aposta polo deporte de base da cidade e o apoio as disciplinas nas que prima a competición individual.

Adxúntanse as bases e a documentación necesaria para a súa presentación na sede da Fundación VIDE ata o día  18 de novembro de 2019.

 

Tema: 

As Reunións Técnicas comezan este mércores coa de Mini DH e BTT-DH





Co fin de facer balance da temporada 2019 e presentar propostas de cara o ano 2020, a Federación Galega de Ciclismo programa para o mes de novembro as seguintes reunións técnicas de Estrada e BTT:

Reunión de Mini DH e BTT-DH: Mércores, 6 de novembro - 20.30h a 22.30h - Casa do Deporte (Sede FGC), Vigo

Reunión de clubes organizadores de BTT-Enduro:  Luns, 11 de novembro - 20.30h a 22.30h - Casa do Deporte (Sede FGC), Vigo  

Tema: 

Irene Trabazo encadea en Vic a súa segunda vitoria UCI C2 e Iván Feijoo remata segundo





Os especialistas galegos en ciclocrós despediron con bos resultados e sensacións o tríptico de probas catalanas puntuables para os rankings da Unión Ciclista Internacional (UCI). Na terceira destas citas de nivel C2, dous dos nosos representantes pisaron o podio en Vic. 

Irene Trabazo repetiu vitoria na categoría Sub-23. Despois do día anterior terse imposto en Manlleu, a marinense do XSM cruzou a liña de meta en sétima posición da carreira raíña feminina, a 3:04 da vencedora Lucía González (Nesta), e con 1:08 de vantaxe sobre a segunda sub-23 Paula Suárez (Euskadi).


I Xornadas "Di Non á Violencia de Xénero no Deporte"





A Secretaría Xeral para o Deporte, a Secretaría Xeral de Igualdade e a Fundación Deporte Galego organizan este xoves, día 7, a primeira edición das xornadas "Di Non á Violencia de Xénero no Deporte". O salón de actos de actos da EGAP (Santiago de Compostela) acollerá dende as 17:00 horas esta iniciativa. 

Tema: