Novas

Iván Feijoo: “En Pontevedra agardo unha carreira táctica”





O corredor alaricano do Nesta – Skoda Alecar buscará revalidar no Campionato de España a coroa sub-23 que conquistou o pasado ano no circuíto da Illa das Esculturas.

- ¿Que recordo lle quedou do seu triunfo hai un ano na competición sub-23?

-Sobre todo, a cantidade de público que había. Sabía que o circuíto se me ía dar ben e ao final foi unha dura batalla con Jofre Cullell. Puiden facerme co título en Pontevedra, en Galicia, e quedei moi contento.


Todos os enlaces do Campionato de España de Ciclocrós





INSCRICIÓN PROBAS OFICIAIS

INSCRICIÓN CARREIRA DE PROMOCIÓN

INSCRICIÓN CARREIRA DA INCLUSIÓN

MAILLOT CONMEMORATIVO OFICIAL DO CAMPIONATO

Tema: 

Validez e funcións da Licenza Dixital





Durante a reunión mantida o pasado 25 de setembro na que tratamos a campaña de licenzas 2020 indicouse que desde a RFEC desenvolveríase a plataforma para que calquera federado tivese na súa zona privada a licenza dixital. Deste xeito seguiamos as indicacións UCI que permiten a emisión da licenza dixital sempre que esta sexa a través dun sistema que permita a acreditación da validez da licenza en tempo real. Neste caso, a nosa plataforma ofrece as suficientes garantías para desenvolver e implementar a licenza dixital, xa que está conectada co servidor UCI.

Tema: 

Saúl López supera a Carlos Canal en Verín e recupera o maillot de líder da Copa Galicia de Ciclocrós





Un representante do club anfitrión defenderá a camisola de líder elite este domingo en Maceda no peche da Copa Galicia de Ciclocrós. Saúl López venceu este sábado en Verín e desbancou do primeiro posto da xeral a Daniel López (Cambre). O monfortino ergueu os brazos na primeira das dúas citas desta fin de semana na provincia de Ourense tras bater ao sub-23 Carlos Canal (Burgos BH) nun axustado final. 


Convocatoria da Selección de Galicia para o Campionato de España de Ciclocrós en Pontevedra





A Selección de Galicia convoca a 35 ciclistas para disputar o Campionato de España de Ciclocrós en Pontevedra o 11 e o 12 de xaneiro. Á lista confeccionada polo seleccionador Guillermo Sande sumaranse os corredores máster que acaben entre os dous primeiros da súa categoría nos rankings finais da Copa Galicia, así como aqueles masters que se proclamaron campións autonómico o pasado 29 de decembro no Porriño.

NOME