Coronavirus: comunicado da FGC sobre as saídas en bicicleta dos federados





Tema: 

O mediador do seguro da Federación Galega de Ciclismo (FGC) advirte que unha vez que se limite a liberdade de circulación das persoas e dos vehículos, os seguros deixarán de dar cobertura aos federados. 

Aplicando o estado de alarma, o Goberno prohibirá desprazamentos que non sexan de forza maior. No Artigo 6 do Real Decreto especifícase os únicos casos nos que os cidadáns poderán circular polas vías de uso público: 

a) Para a adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade.

b) Para asistencia a centros sanitarios

c) Para desprazamentos ao lugar de traballo onde se efectúa a prestación laboral, profesional ou empresarial

d) Para retornar ao lugar de residencia habitual

e) Para asistencia e coidado dos maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

f) Para desprazarse ás entidades financieiras

g) Por causa de forza maior ou situación de necesidade

 

Ante todo a FGC apela ao sentido común. Evita riscos. Queda na casa e non satures o Servizo de Saúde. #QuedaNaCasa