Curso de Moto Volta





Tema: 

A Federación Galega de Ciclismo convoca un curso de Motos Volta recoñecido polo Comité Técnico de Árbitro autonómico e da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC). 

Esta xornada celebrarase o sábado 25 de febreiro no Hotel Congreso de Teo dende as 16:00 horas ata as 21:00. O prezo para participar é de 20 euros e inclúe diploma acreditativo. 

Ademais das cuestións técnicas e de enlace tamén se impartirá unha charla sobre o manexo do DESA e de manobras de reanimación cardiopulmonar. 

Os relatores serán: 

- Rafael Coca (Comisario Internacional. Presidente CTA RFEC)

- Francisco Jesús Carmona (Comisario Nacional Elite. Comisario en moto Vuelta a España)

- Koldo Goirena (Comisario Nacional Elite. Comisario en moto Vuelta a España)

- Txirri Aranzábal  (Comisario Internacional)

-José Manuel Flores Arias (Médico do 061e Xefe da base AM 747)

Inscricións