Curso de Primeiros auxilios en ciclismo para árbitros e técnicos.





Tema: 

A Federación organiza un curso de primeiros auxilios en ciclismo, destinado a árbitros e técnicos vinculados a esta federación.

O curso celebrarase o 7 de novembro na sede a Federación Galega, contará con 8 horas teóricas-prácticas, onde se aprenderán técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP), inmobilizar unha fractura, como actuar ante un golpe de calor, lipotimia, síncope etc.

A finalidade do curso, é estar preparado ante posibles incidentes e accidentes.

O obxectivo deste curso é dotar de coñecementos e habilidade suficiente para recoñecer e manexar certas situacións de risco para a saúde durante a práctica do ciclismo.

Estará impartido por persoal cualificado e expecialista en emerxencia extra hospitalaria, ademais contará unha vez finalizado o curso con titulación oficial.

Prazas limitadas a 25 persoas
Prezo do curso de 40,00€ incluindo a comida.

Os interesados deberán inscibirse nesta ligazón e ingresar os 40,00€ na conta número ES22 2080 0573 1430 4000 1167 que a Federación ten en Abanca. No ingreso facer constar "SOCORRISMO, nome e apelidos".