Curso en liña de educación antidopaxe ALPHA





Tema: 

A Unión Ciclista Internacional (UCI) vén de poñer en marcha o curso en liña de educación antidopaxe ALPHA. A súa realización NON É OBRIGATORIA, pero si que resulta ALTAMENTE RECOMENDABLE. 

O novo artigo 18.5 do Regulamento Antidopaxe da UCI, incluído o 1 de xaneiro de 2020, estipula que as Federacións Internacionais deben facer todo o posible para garantir que os usuarios a quen lles outorgaran unha licenza completen con éxito o Curso de Educación Antidopaxe dentro dos catro meses posteriores á recepción da licenza.

A ligazón ao curso é a seguinte: https://adel.wada-ama.org

Para completalo, os deportistas deben pasar satisfactoriamente un exame ao final do curso e obter unha puntuación de polo menos o 80%, non estando limitados o número de intentos. Isto significa que teñen a oportunidade de volver tomar o exame final, cantas veces sexa preciso, se non logran o 80% requirido no primeiro intento.

O curso está dispoñible en español e dura aproximadamente dúas horas en completarse. Pódese retomar en calquera momento e en varias sesións, quedando gardada para a seguinte sesión.

O acceso ao curso en liña ALPHA, é a través da plataforma ADEL.

Os pasos a seguir para que os ciclistas completen o curso son os seguintes: 
 
• Paso 1: Rexístrese na plataforma de aprendizaxe electrónica ADEL, co seu nome completo, tal como está escrito na súa licenza UCI

• Paso 2: Seleccione o curso ALPHA e o seu idioma desexado

• Paso 3: Complete o curso e a proba final ao rematar o curso

•  Paso 4: Vaia á sección "Logros" e asegúrese de ter aprobado o curso e recibido a súa certificado de finalización

•  Paso 5: Descargue o certificado de finalización, gárdeo e envíeo á súa Federación Nacional. 

 

Se ten algunha pregunta sobre o curso ALPHA non dubide en poñerse en contacto con lads@uci.ch