Da Costa (Condado) e Fernández (Rosal) abandeiran a representación galega na última cita do Open de España de Enduro en Tuña





Modalidades: 

O Open de España de Enduro terá unha ampla representación galega na última cita da serie que se disputará este fin de semana na localidade asturiana de Tuña. A proximidade xeográfica ha espertado o interese dun gran número de ciclistas galegos que acompañarán a aqueles que de maneira habitual disputan un Open que neste 2018 contou con seis probas.

Entre os expedicionarios galegos destaca o vigués Antonio Pérez Dá Costa (Condado Bike), absoluto dominador da categoría master 40 que chega ao Principado co triunfo final da serie no peto. Tamén terá cor galega a categoría junior grazas a Mario Fernández (Roseira) que afrontará esta última cita como mellor junior, con 60 puntos de vantaxe sobre o tamén galego e recente Campión de Galicia, Nicolás Carreira (Coruxo).

No que respecta ao Open, Gabriel Torralba e Miriam Alcántara son líderes absolutos e esperan poñer en Tuña a rúbrica a unha gran tempada. En categoría absoluta feminina Miriam Alcántara ten 90 puntos de marxe con respecto á galega Desiree Duarte (Condado Bike), segunda clasificada. Duarte, gañadora no Endurama Cuenca, non descarta dar a sorpresa ante calquera descoido do seu rival.

Para os elite, a loita polo liderado está máis axustada, con Markel Uriarte como primeiro clasificado, superando en 28 puntos a Álvaro Eduardo García. O bo momento de forma de ciclistas como o novo Campión de Galicia de enduro, o tudense Rubén Rodríguez (Condado Bike) ou o gañador da Copa Galicia de Descenso, Manuel Pellón, dá certa marxe ás opcións galegas nesta categoría. En Elite feminina a clasificación xa está sentenciada en favor de Marketa Michalkova.

Tuña, sede tamén fai só un par de meses dunha proba do Open de España de Descenso reunirá aos mellores especialistas nacionais da modalidade que comezarán a competir a partir das 08:30 horas do domingo. O desenvolvemento da proba poderá seguirse a través das redes sociais da Real Federación Española de Ciclismo e seguindo o hashtag #OpenEspañaEnduro18 Ademais, poderedes atopar toda a información sobre o certame en OpenEnduroBTT. com.

Fonte ©FGC/RFEC