Daniel López Parada acadou a novena posición na Vuelta a La Rioja





Modalidades: 

O calendario profesional de estrada en España tivo a pasada fin de semana unha dobre cita. O sábado celebrouse o GP Miguel Indurain e o domingo a Vuelta a La Rioja, unha carreira 1.1 na que Daniel López Parada asinou un Top-10. O corredor de Cambre do Burgos BH fixo valer a súa punta de velocidade para acadar a novena posición. 

O australiano Rory Sutherland deulle o triunfo ao Movistar superando en 20 segundos a un grupo intermedio e en 1:09 ao pelotón, onde López Parada ocupou a cuarta praza no sprint. 

Nesta proba tamén participaron varios dos corredores galegos que militan en conxuntos portugueses. Samuel Blanco (LA Aluminios - Metalusa) e Alejandro Marque (Sporting - Tavira) remataron a 2:14 do gañador, correspondéndolles a 45ª e 46ª respectivamente, mentres que Jacobo Ucha (80º)e Gustavo César Veloso (81º), ambos do W52, cederon 8:58 na liña de meta. 

Clasificación

No GP Miguel Indurain da xornada anterior, Veloso foi o único galego que completou a clásica navarra. Finalizou no posto 43º a 7:06 do vencedor Simon Yates (Orica-Scott).

Clasificación