Davila esperta o sorriso da imaxe oficial da Volta Ciclista a Galicia





Tema: 

O debuxante Luís Davila foi o encargado de realizar a imaxe central da Volta Ciclista a Galicia 2018. Davila elixiu unha escena dun ciclista que tras pasar pola casa da nai, retoma a carreira cunha particular dose de avituallamiento para non quedar con fame.

Deseñador gráfico pola escola de Artes e Oficios Pablo Picasso da Coruña, este pontevedrés de nacemento pero fincado desde sempre en Bueu é o responsable dun bo número de sorrisos diarios a través das súas tiras de humor o BICHERO e o FOTOMATON no diario Faro de Vigo.