A Deputación de Pontevedra recolle as solicitudes como deportistas de alto nivel





Tema: 

Permanece aberto ata o próximo 4 de xaneiro de 2019 o prazo establecido pola Deputación de Pontevedra para a solicitude da cualificación como deportista de alto nivel para a tempada 2019. Esta consideración é necesaria para optar á bolsa de axuda aos deportistas de alto nivel para 2019 e que serán destinadas a aqueles que cumpran os requisitos para estar considerados Deportistas Depo-Dan e Depo-Promesa.

A primeira categoría está destinada ao máis alto nivel e vai dirixida a persoas xa consideradas de alto nivel pola Xunta de Galicia que ademais, entre outros aspectos, teñan ficha tramitada en Galicia e residan ou sexan nacidos na provincia de Pontevedra. Ademais, deben pertencer a disciplinas olímpicas, paralímpicas ou dunha constatable 'proxección internacional'.

A segunda categoría, a promesa, está destinada a nenos entre os 12 e os 16 anos. Neste caso, deben alcanzar unha puntuación en función dos resultados obtidos en diversas competicións. A web depo. gal recolle todos os trámites e formularios. Podes consultado neste ENLACE.