Día Mundial das Persoas con Síndrome de Down





A Federación Galega de Ciclismo súmase ao Día Mundial das Persoas con Síndrome de Down, que se celebra este xoves 21 de marzo, amosando o seu recoñecemento e reclamando maior visibilidade e inclusión.

O ciclismo galego ten a sorte de contar cun gran exemplo, o de Borja Gómez. Este rapaz do Club Ciclista Ponteareas representou á nosa Selección nos dous últimos campionatos de España de ciclocross. Un campión que non entende de barreiras.