Duarte (feminas), Carrera (junior) e Pérez (Master), novos Campións de España de Enduro





A biker galega Desiree Duarte proclamouse Campioa de España de btt enduro no certame celebrado na localidade Gran Canaria de Teror. A pesar da súa mocidade, a sub23 ponteareá foi a vencedora absoluta en categoría feminina despois de completar os seis tramos cun rexistro de 25:42 e máis dun minuto de diferenza sobre a elite Sandra Jorda ( Orbea) e a 1:42 da tamén sub 23 Elisabeth Breval (Vadebicis).

Pero Duarte non foi a única representante de Galicia en subir o máis alto do podio do Campionato: Tony Pérez logrou o ouro en categoría master 40 a onde compartíu espazo co tamén galego do Bici Verde, Esteban Lorenzo que se fixo co bronce.

Mención aparte merece o vigués Nicolás Carrera quen tras asinar o oitavo mellor tempo da xornada colgouse a medalla de ouro e o título de Campión de España junior. O tamén galego e recente gañador do Open de España, o rosaleiro Mario Fernández, selou coa medalla de bronce unha gran competición.

Ademais dos ouros de Duarte (mulleres), Pérez (Master 40) e Carrera ( junior), e os bronces de Lorenzo ( Master 40) e Fernández ( junior) hai que sumar as medallas de prata logradas por Borja Caneiro (Selección Galicia) en master 30 b e de Toni Ferreiro (Coruxo), que non puido defender o título de campión absoluto. O canario Edgar Carballo non quixo deixar escapar a oportunidade de gañar ante o seu público e acabou impoñéndose ao empuxe ao que foi sometido por Ferreiro. Rubén Rodríguez viuse lastrado por problemas mecánicos dende o terceiro tramo e quedou moi lonxe dos postos de cabeza.

Dos seis ciclistas membros da Seleccion, cinco regresan con medalla. Éxito rotundo.

ABSOLUTO

1º/ OURO e Campión de España: Edgar Carballo (Fed. Canaria) 19:48.52 / 2º PRATA/ Antonio Ferreiro (Coruxo) a 0:31.9 / 3º BRONCEGabriel Vargas ( Vadebicis) a 1:48 / 15ª Rubén Rodríguez (Fed.Galicia) a 6:31

ABSOLUTO FEMININO

1ª OURO e Campina de España: Desiree Duarte (Fed. Galicia)

JUNIOR

1º OURO e Campión de España Nicolás Carreira (Fed. Galicia) / 2º PRATA Ignacio Valverde / 3º BRONCE Mario Fernández (Fed. Galicia)
MASTER 30 b

2º PRATA Borja Caneiro (Fed. Galicia)
MASTER 40

1º OURO E CAMPIÓN DE ESPAÑA Antonio Pérez (Fed. Galicia) / 2º PRATA Eduardo Cundins (Santa Cruz) / 3º BRONCE Esteban Lorenzo (Bici Verde)
MASTER 50B 6º Antonio Pérez (Bici Verde)

Foto©Enduro Teror