Entrada libre á Gala do Ciclismo Galego: imprescindible confirmar asistencia antes do 25 de febreiro





Tema: 

O Teatro Principal de Pontevedra acollerá o vindeiro 29 de febreiro a Gala do Ciclismo Galego organizada pola Federación Galega de Ciclismo en colaboración coa Concellería de Deportes, Actividade Física e Saúde do Concello de Pontevedra. A entrada a este evento é libre, pero é imprescindible confirmar asistencia antes do martes 25 de febreiro. Este trámite pódese facer poñéndose en contacto co teléfono 629 830 057 ou escribindo un correo electrónico a protocolo@fgalegaciclismo.es

A Gala dará comezo ás 19:30 horas e, ademais de recoñecer e galardoar aos ciclistas da nosa comunidade autónoma que protagonizaron os fitos deportivos máis destacados ao longo de 2019, contará coas actuacións do guionista e monologuista Federico Pérez e do grupo musical Chroma.

Entre as novidades deste evento, por primeira vez vanse entregar en ano natural os correspondentes diplomas aos medallistas galegos nos Campionatos de España de Ciclocross de 2020, que Pontevedra acolleu recentemente.

Agardámosvos!