Entrega ao Delegado do Goberno en Galicia dunha Mención Especial da FGC





Tema: 

Santiago Villanueva, Delegado do Goberno en Galicia, recibiu nas últimas horas a placa pola Mención Especial que a Federación Galega de Ciclismo (FG) lle concedeu pola súa inestimable colaboración na campaña de visibilidade e seguridade vial do colectivo ciclista na comunidade autonóma galega.

Juan Carlos Muñiz, presidente da FGC, entregoulle esta distinción despois de que o Delegado do Goberno non puidera asistir a recollela por motivos de axenda o pasado sábado 28 de xaneiro durante a celebración da Gala do Ciclismo Galego en Padrón.