A España de Carlos Canal chega novena á ultima xornada dos Xogos Olímpicos da Mocidade





Tema: 

O ciclista galego Carlos Canal e o almeriense David Campos afrontarán a última proba ciclista dos Xogos Olímpicos da Mocidade 2018 que se están celebrando na cidade arxentina de Buenos Aires tratando de mellorar a novena praza que ocupan ata o momento. Despois de cinco días consecutivos de competición, os españois chegan ao critérium final dentro do “ top ten” entre os vinte países participantes en ciclismo. Os equipos de Kazajistán, Luxemburgo e Hungría ocupan as prazas de medalla.

Na primeira xornada do ciclismo dos Xogos da Mocidade, David Campos e Carlos Canal sumaron un só punto na contrareloj por equipos. O dúo español finalizou no posto 16º dunha especialidade que non é o seu forte. A parella kazako Brussenskiy e Fedorov impoñíanse nesta categoría logrando os 100 puntos en xogo e superando a Luxemburgo (80) e Dinamarca (65).

A proba de fondo na estrada volveu ter como protagonista a Gleb Brussenskiy (Kazajistan) que venceu na meta dos bosques de Palermo bonaerenses a Arthur Kluckers (Luxemburgo) mentra Carlos Canal entrou no pelotón a cinco segundos do gañador e sen posibilidade de puntuar. O seu compañeiro David Campos non puido finalizar a proba.

Coa terra chegaron os mellores resultados para Canal e Campos, primeiro coa carreira de eliminación XCE aínda que os dous españois tiveron que xogarse entre eles as prazas de semifinais. Canal disputou a final de consolación logrando ser oitavo no cómputo xeral de carreira e David Campos colouse entre os catro mellores pechando unha final na que venceu o británico Harry Birch por diante do italiano Tomasso Dalla e o israelí Eitan Leví.

Canal alcanzou o 15º posto na final do Short Track, a nova modalidade de btt á que o de Xinzo chegou ao cualificar como o cuarto mellor participante na súa semifinal. Canal sumaba así dous novos punto ao cómputo xeral combinado do duo español nos Xogos. David Campos non puido chegar á última rolda debido a unha caída sufrida na súa manga. A final foi gañada polo representante húngaro Erik Fetter que bateu por unha centésima de segundo ao kazako Yevgeniy Fedorov. Nicolas Kess (Luxemburgo) foi terceiro.

A proba final poderá seguirse a través da web dos xogos: www.buenosaires2018.com

Foto©RFEC