Eventos

Os usuarios da bicicleta reclamarán respecto e unha lei xusta este domingo ás 11:00 horas na Praza do Obradoiro





Este domingo 28 de maio ás 11:00 horas da mañá celebrarase unha concentración que partirá da Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela para pedir medidas que garantan a seguridade dos usuarios da bicicleta, unha demanda de xustiza e máis tras os recentes tráxicos acontecementos das últimas semanas.

Esta iniciativa está promovida por Pedaladas, Asociación de Ciclistas Galegos (ASCIGA), Compos Cleta, A Golpe de Pedal, Fundación ADO Moure Pro-Deporte, Stop Accidentes, Federación Galega de Triatlón e Federación Galega de Ciclismo. 

Tema: 

A feira da bicicleta, Atlantic Bike Vigo, apraza a 2018 o seu lanzamento





Atlantic Bike Vigo esperará a 2018 para celebrar a súa primeira edición. A proximidade en datas con outros festivais / feiras do sector a nivel internacional e a falta de tempo das empresas do sector para planificar a súa presenza, aconsellaron á dirección da empresa organizadora, Global Iniciativas Empresariais S.L, a tomar esta decisión.

Tema: 

O Cambre Caeiro presentou a máis de 100 corredores para a súa decimoitava campaña





Este sábado tivo lugar na Finca El Cenador (Cambre) a posta de longo dos equipos de competición do C.C.Cambre-Caeiro. A escuadra cambresa afronta esta tempada, na que alcanza a maioría de idade, con representación en todas as categorías do ciclismo e cun renovado equipo Elite Sub-23. Durante este 2017, máis de 100 corredores/as lucirán a camisola amarela e negro do Cambre polas estradas españolas e portuguesas.

Tema: 

O Cambre combina xuventude e veteranía no seu equipo Elite e Sub23





A temporada 2017 está a piques de comezar para os #ridersCambre Elite e Sub23. Un total de dezaséis corredores defenderán as cores deste conxunto por toda a xeografía española e portuguesa. Continuando coa súa filosofía de coidar a canteira, renovaron os seguintes ciclistas: Eloy Bravo, Justo González, Carlos Jeria, Jose Antonio Pardiñas, David Pérez, Alexandre Rodriguez, David Vázquez, Martín Fariña, Miguel Montero, Sergio Búa e Brandon Freire.

Tema: 

O Club Ciclista Rías Baixas quere seguir soñando





Gañador da última edición da Volta a Galicia e terceiro mellor equipo do pelotón amateur español, o Club Ciclista Rías Baixas presentou no Parador de Baiona o seu proxecto para 2017, un evento ao que asistiron medio milleiro de invitados.

Tema: 

Froiz, 29 anos dando guerra no pelotón





Un sinxelo acto na Deputación de Pontevedra serviu de presentación da nova tempada do Grupo Deportivo Supermecados Froiz, que afronta a súa campaña número 29 no pelotón ciclista.

O ex-ciclista profesional Ezequiel Mosquera exerceu finalmente de padriño do equipo nun ano que comeza este mesmo fin de semana en Almagro, coa disputa do XVII Memorial Manuel Sanroma os días 18 e 19 de febreiro.

Tema: 

Entrega ao Delegado do Goberno en Galicia dunha Mención Especial da FGC





Santiago Villanueva, Delegado do Goberno en Galicia, recibiu nas últimas horas a placa pola Mención Especial que a Federación Galega de Ciclismo (FG) lle concedeu pola súa inestimable colaboración na campaña de visibilidade e seguridade vial do colectivo ciclista na comunidade autonóma galega.

Juan Carlos Muñiz, presidente da FGC, entregoulle esta distinción despois de que o Delegado do Goberno non puidera asistir a recollela por motivos de axenda o pasado sábado 28 de xaneiro durante a celebración da Gala do Ciclismo Galego en Padrón. 

 

Tema: 

O Cortizo-Anova, ao completo na súa presentación oficial





O novo proxecto do Club Ciclista Padronés celebrou a súa presentación oficial este venres nun acto no auditorio do Centro Social de Padrón ao que acudiron os equipos de todas as categorías. Daban así o pistoletazo oficialmente a unha nova tempada, que será a número 61ª, na que se estrea tamén novo patrocinador, Anova, para acompañar na denominación do equipo a Aluminios Cortizo.

Tema: 

A seguridade vial e o 60 aniversario do Padronés marcaron a Gala do Ciclismo Galego 2016





O Auditorio Centro Sociocultural de Padrón luciu un cheo ata a bandeira para celebrar a Gala do Ciclismo Galego 2016. Máis de 300 persoas asistiron ao acto organizado pola Federación Galega de Ciclismo (FGC) no que se premiou aos mellores corredores autonómicos durante o pasado ano, fíxose fincapé na seguridade dos ciclistas nas estradas e homenaxeáronse dilatadas traxectorias como a do Club Ciclista Padronés, que exerceu de anfitrión para festexar o seu 60 aniversario.

Tema: 

Dez premiados na Gala do Ciclismo Galego polos seus resultados nos opens e nas copas de España





Os opens e as Copas de España durante o 2016 contaron cunha numerosa presenza de corredores galegos nos seus podios finais. Os dez representantes da nosa terra que remataron entre os tres primeiros nas clasificacións xerais destes certames serán galardoados na Gala do Ciclismo Galego (20:30 horas, Auditorio Centro Sociocultural de Padrón).

Tema: