Eventos

O 23 de febreiro celebarase na Estrada a Gala do Ciclismo Galego 2018





O 23 de febreiro celebrarase na Academia Galega de Seguridade Publica (AGASP) da Estrada, a partir das 19:30 horas, a Gala do Ciclismo Galego pertencente á tempada 2018, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Deportes da localidade, Ismael Pena.

Durante o acto de presentación, o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz,  indicou que se procederá á apertura de portas a partir das 19:00 horas e que a gala contará coa actuación do grupo Broken Peach, que se encargará de amenizar o evento, e ao final do mesmo haberá un cocktail.

Tema: 

Revista Técnica do Campionato de España de Ciclocrós





Xa podes descargar a Revista Técnica do Campionato de España de Ciclocrós que terá lugar na Illa das Esculturas de Pontevedra do 11 ao 13 de decembro do próximo mes de xaneiro. Na revista poderás consultar o regulamento da proba, as zonas do circuíto, o historial do Campionato ou algúns dos favoritos.

 

Tema: 

Santiago acolle a I Xornada sobre as políticas deportivas galegas





 O venres 23 de novembro, a Unión de Federacións Deportivas Galegas, UFEDEGA, organiza na Escola Galega de Administración Pública, EGAP, a I Xornada sobre as Políticas Deportivas Galegas, ás 18:00 h.

Tema: 

Pontevedra xa vive o Campionato de España de ciclocrós





A cidade do Lérez será a sede do Campionato de España de Ciclocrós que se celebrará os días 11, 12 e 13 de xaneiro. Nos últimos días estan a realizarse reunións previas para coordinar o traballo e esta fin de semana houbo unha visita do presidente da Federación Española de Ciclismo quen se reuniu cos organizadoras deportivos e institucionais do evento tralo que fixeron unha primeira presentación previa do Campionato.

Tema: 

Abel Caballero subliña o valor do ciclismo e da bicicleta na presentación da Gran Bikedada 201





A Gran Bikedada arrancou este luns no Hotel AC Palacio a súa sexta edición coa presentación do evento, da man de Pepe Xagarós pola organización e coa presenza do alcalde de Vigo, Abel Caballero, o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e numerosos colaboradores de clubs ciclistas e entidades patrocinadoras. 

Tema: 

A Xunta concede a Evaristo Portela a Distinción ao Mérito Deportivo





A Xunta deu a coñecer a lista de 26 premiados coa distinción ao mérito deportivo de Galicia, e entre elas atópase o Director Deportivo do Grupo Deportivo Supermercados Froiz, Evaristo Portela. Estes galardóns entréganse a persoas e entidades que contribúen á excelencia do deporte na nosa comunidade.

Tema: 

Posta de largo en Pontevedra do Farto-Aleata feminino





O Club Ciclista Farto – Aleata presentouse no Centro Príncipe Felipe en Pontevedra. Á presentación asistiron varios ciclistas profesionais: Delio Fernández, Gustavo César Veloso ou o recentemente gañador da Volta a China, Alex Marque. Tamén asistiron Marcos Serrano (padriño do equipo), Brais Dacal e Luís Mariño.

Desde o xoves e ata o domingo, o equipo feminino dirixido por Luís Méndez está concentrado na sede do club, nun clinic particular que contará con varias charlas de ciclistas profesionais e saídas na estrada.

Tema: 

Galicia albergará un Campionato e duas probas do Open de España de Btt





A Comisión Delegada da RFEC aprobou na súa última reunión a asignación do Campionato de España de XCO, XCE e Team Relay á localidade navarra de Arguedas, que decidirá do 19 ao 21 de xullo quen será os novos campións nacionais de Rally, Eliminator e substitucións por equipos. Tamén se resolveu na citada reunión as datas e sede dos Campionatos de España de Enduro, XC Maratón e XC Ultramaratón. O primeiro en celebrarse de todos eles será o Campionato de España de XC Ultramaratón, que terá lugar en Calamocha (Teruel) o 30 de marzo con motivo da oitava edición da Xamón Bike.

Tema: 

O ponteareán Cristián Mota ficha como profesional no Mortagua portugués





O Aldro Team oficializaba nas úlñtima horas a fichaxe do ciclista galego Cristian Mota polo Miranda- Mortagua portugués.

Tema: 

O Vigués presentou a nova Escola Municipal de Ciclismo en Bembrive





O Clube Ciclista Vigués presentou unha nova Escola de Ciclismo en Bembrive dentro do Programa Municipal de Escolas Deportivas. A presentación tivo lugar na sala de xuntas da Entidade Local Menor de Bembrive en presenza da Alcaldesa Pedánea, Dª Concepción Martinez e D. Carlos Vidal, Presidente do Club Ciclista Vigués, acompañados por Manel Fernández, Concelleiro de Deportes, D. Guillermo Sande, Técnico da Federación Galega de Ciclismo e unha representación de ciclistas e técnicos do Club.

Tema: