Eventos

A primeira camisola de líder da Volta a Galicia ponse en xogo en Lugo


Pedro Gregori, derradeiro vencedor da Volta



Lugo será este venres o escenario da primeira das tres etapas da Volta Ciclista a Galicia, que na súa décimo cuarta edición para corredores Elite e Sub 23 reúne unha participación de luxo cos mellores equipos do pelotón español e varias formacións estranxeiras. Nos 140,7 quilómetros de percorrido pola comarca lucense e a Terra Chá estará en xogo a primeira camisola amarela de líder desta proba organizada pola Federación Galega de Ciclismo.

Tema: 

Campionatos de España Master


Logo



O prazo de solicitudes de preinscripción para todos aqueles interesados en participar, finalizará o venres 11 de setembro. Só se considerarán válidas e aceptadas as solicitudes de preinscripciones que se realizaron antes de devandito día, polo conducto indicado, e efectúen o abono da mesma

Tema: 

A VOLTA A GALICIA DE CICLISMO TRAE CONSIGO DOUS CAMPIONATOS DE ESPAÑA


(esq a dta): Rosendo Fernández (Vpte Deputación de Ourense), José Ramón Lete (Secretario Xeral para o Deporte Xunta de Galicia), José Luis López Cerrón (Presidente RFEC); Carlos Muñiz (Presidente FGC)



- Ourense acolleu a presentación da XIV edición da cita galega que se iniciará o venres 18 en Lugo
- A rolda galega disputarase en tres etapas: Lugo-Lugo, Esgos-Manzaneda e Pontevedra-Pontevedra

Tema: 

Alejandro Regueiro bronce no nacional de fondo e Jose Carlos Amil 7º


Imaxe do sprint



O valenciano Alejandro Gómiz se impuso ao sprint a Sergio Hernández de Castela e León e a Alejandro Regueiro.

No Top Ten do campionato Amil colocábase na sétima praza.

A selección galega tamén alcanzou a terceira posición por seleciones por detrás de Valencia e Castela e León

Tema: 

Brandan Marquez campión galego BTT Maraton.





Brandán proclamouse hoxe en Boiro campión galego de BTT Maraton cun tempo de 4:39:48 en cubrir os 100 Km de percorrido, por detrás chegaban Javier Busto cun tempo de 4:46:31 e Alejandro Trasbach cun tempo de 4:56:50.

En categoría feminina a primeira en alcanzar a meta foi Veronica Montes Villar cun tempo de 7:09:09, seguida de Ana Maria González Cuña cun tempo de 7:09:14 e de Anuska Vilas Perez cun tempo de 7:12:19

Tema: 

Martín Bouzas campión de España CRI Júnior


Martín como campión Nacional



Rois conta dende hoxe cun Campión de España máis.

Martín Bouzas segue os pasos de Suso Blanco Villar e proclamouse hoxe campión de España CRI Júnior en Sabiñánigo.

Martín dominaba a proba dende o comezo, e xa polo punto intermedio marcaba o mellor rexistro. Ao final, avantaxou en 14" aos tres seguintes clasificados, que se decidían o podio por centésimas: o balear Tomeu Gelabert, de primeiro ano, conseguía a prata, con só unha centésima por diante do navarro Diego López.

Tema: 

Pablo Rodríguez remata 23º no derradeiro Mundial como Sub23


Foto na saída do mundial



Non foi o mellor día de Pablo Rodríguez no Mundial de Vallnord. O sub23 galego quería rematar a súa magnífica campaña cun gran resultado na súa despedida da categoría. Saía coa máxima ilusión e apuntando alto, pero non puido ser, rematando no posto 23, a 6:39 do novo campión, o neozelandés Antón Cooper.

Tema: 

O campión galego de BTT Maratón proclamarase o sábado en Boiro.


Cartafol Campionato



Mañá sábado ás 9:00 disputarase o campionato galego de BTT Maratón polas serras do Barbanza, un percorrido de 100 Km con saída e chegada en Boiro e con un desnivel acumulado de 3.700 metros.

A proba discorre polo Castelo de Vitres, a balconada de Iroite, os Chans do Barbanza, A Miserela, o Enxa e A Curota.

Tema: 

Horarios saída Galego CRI


Cartafol do evento



Francisco Diz Blanco do C.C. Antelano abre ás 10:00 a participación no campionato galego de CRI, que se pechará coa saída de Aser Estévez Rías Baixas ás 13:52.

220 serán os ciclistas que participarán no campionato galego CRI que se disputará en Ourense este domingo.

Podes consultar a orde de saída neste enlace: http://www.fgalegaciclismo.es/sites/default/files/orden_horarios_salida_...

Tema: 

Campionato Galego de CRI - 2015


Cartafol Campionato



Con motivo da celebración do Campionato de Galicia de CRI o día 23 de agosto, no hipódromo de Sandías en Xinzo de Limia, adxúntase nesta nova un documento en formato Word para facer a preinscrición dos corredores por categoría de cada clube que disputarán dito campeonato.

A data límite para remitir o documento á Federación é o 19 de agosto ás 15:00 Horas. Todo aquel club que non entregue correctamente a pre-inscrición dos seus corredores nesa data, non poderá tomar a saída o día do campionato.

Tema: