Eventos

Posta de largo en Pontevedra do Farto-Aleata feminino





O Club Ciclista Farto – Aleata presentouse no Centro Príncipe Felipe en Pontevedra. Á presentación asistiron varios ciclistas profesionais: Delio Fernández, Gustavo César Veloso ou o recentemente gañador da Volta a China, Alex Marque. Tamén asistiron Marcos Serrano (padriño do equipo), Brais Dacal e Luís Mariño.

Desde o xoves e ata o domingo, o equipo feminino dirixido por Luís Méndez está concentrado na sede do club, nun clinic particular que contará con varias charlas de ciclistas profesionais e saídas na estrada.

Tema: 

Galicia albergará un Campionato e duas probas do Open de España de Btt





A Comisión Delegada da RFEC aprobou na súa última reunión a asignación do Campionato de España de XCO, XCE e Team Relay á localidade navarra de Arguedas, que decidirá do 19 ao 21 de xullo quen será os novos campións nacionais de Rally, Eliminator e substitucións por equipos. Tamén se resolveu na citada reunión as datas e sede dos Campionatos de España de Enduro, XC Maratón e XC Ultramaratón. O primeiro en celebrarse de todos eles será o Campionato de España de XC Ultramaratón, que terá lugar en Calamocha (Teruel) o 30 de marzo con motivo da oitava edición da Xamón Bike.

Tema: 

O ponteareán Cristián Mota ficha como profesional no Mortagua portugués





O Aldro Team oficializaba nas úlñtima horas a fichaxe do ciclista galego Cristian Mota polo Miranda- Mortagua portugués.

Tema: 

O Vigués presentou a nova Escola Municipal de Ciclismo en Bembrive





O Clube Ciclista Vigués presentou unha nova Escola de Ciclismo en Bembrive dentro do Programa Municipal de Escolas Deportivas. A presentación tivo lugar na sala de xuntas da Entidade Local Menor de Bembrive en presenza da Alcaldesa Pedánea, Dª Concepción Martinez e D. Carlos Vidal, Presidente do Club Ciclista Vigués, acompañados por Manel Fernández, Concelleiro de Deportes, D. Guillermo Sande, Técnico da Federación Galega de Ciclismo e unha representación de ciclistas e técnicos do Club.

Tema: 

A España de Carlos Canal chega novena á ultima xornada dos Xogos Olímpicos da Mocidade





O ciclista galego Carlos Canal e o almeriense David Campos afrontarán a última proba ciclista dos Xogos Olímpicos da Mocidade 2018 que se están celebrando na cidade arxentina de Buenos Aires tratando de mellorar a novena praza que ocupan ata o momento. Despois de cinco días consecutivos de competición, os españois chegan ao critérium final dentro do “ top ten” entre os vinte países participantes en ciclismo. Os equipos de Kazajistán, Luxemburgo e Hungría ocupan as prazas de medalla.

Tema: 

Macropelotón reivindicativo no Día da Bici de Ourense





Espectacular, alucinante e moi reivindicativo. Non foron poucos os eloxios e a sorpresa dos participantes na 34ª edición do Día dá Bici +Deporte A Rexión, que conformou onte unha serpe multicolor de máis de 8.000 participantes polas rúas de Ourense, grazas á organización da Fundación ADO Moure, que contou co patrocinio da Rexión e Telemiño, ademais das institucións.

Tema: 

Xornada reinvindicativa convocada polo Club Ciclista Ourensán no Día da Bicicleta





O Día da Bici vén organizandose en Ourense, sen interrupción, desde o ano 1984, polo que este ano cumpre a súa 34ª edición.

Esta xornada, co paso dos anos, converteuse nunha das manifestacións deportivo-festivas con maior arraigamento e con maior participación popular, en especial dos nenos/ as, que se celebran en Ourense.

Tema: 

Davila esperta o sorriso da imaxe oficial da Volta Ciclista a Galicia





O debuxante Luís Davila foi o encargado de realizar a imaxe central da Volta Ciclista a Galicia 2018. Davila elixiu unha escena dun ciclista que tras pasar pola casa da nai, retoma a carreira cunha particular dose de avituallamiento para non quedar con fame.

Tema: 

Concello de Verín e FGC preparan a primeira etapa da Volta a Galicia





A Federación Galega de Ciclismo está a ultimar os preparativos para a celebración da Volta Ciclista a Galicia 2018. Por ese motivo o presidente federativo Juan Carlos Muñiz e o director da Volta, Guillermo Sande, mantiveron unha reunión con Gerardo Seoane, o Alcalde de Verín onde terá lugar a primeira etapa da gran rolda galega. Na reunión tratáronse aspectos relativos á coordinación de seguridade da proba, unha contrareloj por equipos que obrigará a pechar durante máis de tres horas un trazado de dez quilómetros que cruzará o centro da cidade.

Tema: 

O Campeonato de Galicia en Molgas e o Nacional en Soria, próximas citas dos master galegos





Máis dun centenar de ciclistas anotáronse xa para participar no Campionato de Galicia master que terá lugar este domingo na localidade de Baños de Molgas coa organización do Club Ciclista Ourensán e a Federación Galega de Ciclismo. Os organizadores teñen previsto que nas últimas horas de inscripciones póidanse alcanzar os 150 corredores.

Tema: