Eventos

Mencións Especiais na Gala do Ciclismo Galego deste sábado en Lalín





A Gala do Ciclismo Galego 2017 celebrarase este sábado, 27 de xaneiro, a partir das 18:00 horas no Auditorio Municipal de Lalín e na gran festa anual do noso deporte entregaranse catorce Mencións Especiais:

Premio Ciclismo Seguro

ETHEL M. VÁZQUEZ MOURELLE

Premio Directivo Histórico

JUAN MARTÍNEZ REY 

Tema: 

Os vinte podios finais dos galegos nos opens e copas de España serán premiados na Gala deste sábado en Lalín





Un dato resume o balance da participación dos corredores galegos nos opens e nas copas de España durante o pasado ano: no 2017 o número de podios duplicou o acadado no 2016. De dez presenzas entre os tres primeiros dos rankings finais, pasouse a 20. Os protagonistas deste excepcional resultado recibirán o seu recoñecemento este sábado na Gala do Ciclismo Galego que se celebrará no Auditorio Municipal de Lalín (18:00 horas).

Tema: 

A Gala do Ciclismo Galego festexará a exitosa colleita de medallas nos Campionatos de España do 2017





O pasado ano o ciclismo da nosa comunidade amosou a calidade e a versatilidade dos seus corredores nos Campionatos de España. Ata en dez das grandes citas estatais houbo representación galega no podio. Todos estes medallistas, máis de 30, serán homenaxeados este sábado na Gala do Ciclismo Galego que se celebrará a partir das 18:00 horas no Auditorio Municipal de Lalín.

Tema: 

Os gañadores dos Rankings FGC serán galardoados este sábado na Gala do Ciclismo Galego





Na súa gran festa anual o ciclismo galego coroará aos mellores nas probas do calendario autonómico durante 2017. Preto de 50 corredores recibirán o seu recoñecemento como vencedores dos Rankings da Federación Galega de Ciclismo (FGC) na Gala que se celebrará no Auditorio Municipal de Lalín este sábado a partir das 18:00 horas. 

As clasificacións que premian a regularidade ao longo da temporada abranguen seis disciplinas: Estrada, Ciclocross, BTT XCO, BTT XCM, BTT DHI e BTT Enduro. 

Fai click no documento adxunto para consultar a lista de gañadores.

Tema: 

Invitación para a Gala do Ciclismo Galego 2017





A Gala do Ciclismo Galego 2017 celebrarase o vindeiro sábado 27 de xaneiro, a partir das 18:00 horas, no Auditorio Municipal de Lalín. 

Pregámoslles confirmar a súa asistencia a este acto antes do martes día 23 no teléfono 629 830 057 ou a través do correo electrónico fgaciclismo@gmail.com

Tema: 

A Gala do Ciclismo Galego celebrarase o sábado 27 de xaneiro no Auditorio Municipal de Lalín





A gran festa anual do noso ciclismo xa ten data e escenario. O Auditorio Municipal da localidade pontevedresa de Lalín acollerá o sábado 27 de xaneiro a Gala do Ciclismo Galego 2017. O acto no que se premiará aos mellores ciclistas do último ano e no que se tributarán homenaxes por traxectorias ligadas a este deporte comezará ás 18:00 horas

Foto: PuroCiclismo

Tema: 

Presentación da XVI Volta a Galicia





 A XVI Volta a Galicia percorrerá a nosa xeografía do 14 ao 17 deste mes, con catro etapas que transitarán por Monforte, Lalín e Santiago de Compostela. A cita servirá como homenaxe a Óscar Pereiro, campión do Tour de Francia na edición de 2006

Tema: 

Saídas guiadas para coñecer os centros BTT Galicia





Xa podes apuntarte ás visitas guiadas organizadas por BTT Galicia para que coñezas todas as posibilidades dos nosos centros para bicicletas todo terreo. Durante catro fins de semana, os afeccionados á BTT terán a posibilidade de inscribirse nesta ruta BTT limitada a 40 persoas por evento que lles dará a posibilidade de coñecer as rutas do Salnés, A Ribeira Sacra, o Parque Natural Serra do Xurés e o territorio de Portas de Galicia.

Tema: 

Os usuarios da bicicleta reclamarán respecto e unha lei xusta este domingo ás 11:00 horas na Praza do Obradoiro





Este domingo 28 de maio ás 11:00 horas da mañá celebrarase unha concentración que partirá da Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela para pedir medidas que garantan a seguridade dos usuarios da bicicleta, unha demanda de xustiza e máis tras os recentes tráxicos acontecementos das últimas semanas.

Esta iniciativa está promovida por Pedaladas, Asociación de Ciclistas Galegos (ASCIGA), Compos Cleta, A Golpe de Pedal, Fundación ADO Moure Pro-Deporte, Stop Accidentes, Federación Galega de Triatlón e Federación Galega de Ciclismo. 

Tema: 

A feira da bicicleta, Atlantic Bike Vigo, apraza a 2018 o seu lanzamento





Atlantic Bike Vigo esperará a 2018 para celebrar a súa primeira edición. A proximidade en datas con outros festivais / feiras do sector a nivel internacional e a falta de tempo das empresas do sector para planificar a súa presenza, aconsellaron á dirección da empresa organizadora, Global Iniciativas Empresariais S.L, a tomar esta decisión.

Tema: